Wikipedia:Sobre Galicia/xuño 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Heraclio Pérez Placer.jpg

Heraclio Pérez Placer, nado en Ourense o 8 de novembro de 1866 e finado en Calatayud (Zaragoza) o 21 de outubro de 1926, foi un médico, escritor, xornalista e editor galego. Como autor, participa das características habituais dos prosistas de finais do século XIX (ambientación rural e costumismo), se ben presenta trazos singularizantes como a insistencia na descrición paisaxística e no cariz erótico destas escenas, algo que a crítica da época fixo notar. Foi, así mesmo, un escritor satírico e polémico, mais tamén próximo ao impresionismo e ao subxectivismo, interesado na busca de novos camiños expresivos para a prosa galega, algo que compartía co seu íntimo amigo Francisco Álvarez de Nóvoa.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Sobre_Galicia/xuño_2017&oldid=4111298"