Wikipedia:Sobre Galicia/xullo 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Domingo Fontán por Antonio María Esquivel, 1852.jpg

Domingo Fontán Rodríguez, nado en Porta do Conde (Portas) o 17 de abril de 1788 e finado en Cuntis o 24 de outubro de 1866, foi un ilustrado galego, xeógrafo, matemático, político e empresario, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia, a Carta Xeométrica de Galicia. Foi secretario da Deputación Provincial de Galicia, director do Observatorio Astronómico de Madrid, deputado en Cortes e presidente da Real Sociedade de Amigos do País de Santiago. Os seus restos están no Panteón de Galegos Ilustres.

De familia acomodada, os seus pais foron Rosendo Fontán Oliveira e Sebastiana Rodríguez Blanco. Foi o segundo de cinco irmáns, dous homes e tres mulleres. Domingo e Andrés, o seu irmán máis vello, foron educados por un tío materno, cura párroco en Noia.

Pasou boa parte da súa vida vencellado á Universidade de Santiago de Compostela, onde primeiramente cursou os estudos de Filosofía, matriculándose ao longo dos anos en Leis e Cánones, Ciencias exactas e Teoloxía e foi discípulo de José Rodríguez González, "o matemático de Bermés". En 1811 comezou a súa carreira de profesor como substituto do catedrático de Retórica e durante o curso 1813-14 substituíu o titular da cátedra de Lóxica e Metafísica. Foi procesado pola Real Audiencia en 1814; en 1815 restituíronlle os seus dereitos.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Sobre_Galicia/xullo_2018&oldid=4753233"