Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esta é a sección dereitos do Taboleiro dos administradores
System-lock-screen.svg

Nesta sección recóllense as peticións de atribución ou retirada de dereitos.

Comezar un novo fío de conversa

Edit-delete.svg
Bloqueos
publicar
Emblem-system.svg
Bots
publicar
Gnome-emblem-photos.svg
Imaxes
publicar
Mail-mark-junk.svg
Spam
publicar
Edit-clear.svg
Vandalismo
publicar
Gnome-accessories-text-editor.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4


Revogación dos dereitos de administrador e burócrata de Toliño[editar a fonte]

Precisamos dun burócrata que faga a petición en meta para a revogación dos dereitos de administrador e burócrata de Toliño (conversa · contribucións) por inactividade, seguindo o indicado na política. Envieille os correos de aviso e as mensaxes previas de aviso están aquí. Grazas. Banjo tell me 22 de decembro de 2017 ás 09:28 (UTC)

Agremon (conversa · contribucións) ou Xabier Cid (conversa · contribucións), podedes facer a petición en Meta? Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de decembro de 2017 ás 09:57 (UTC)

Se non o fai antes Xavier, o día 30 fáigoo eu con calma. Saúdos,Agremon(contacto) 28 de decembro de 2017 ás 23:13 (UTC)


Cursada a petición en meta: https://meta.wikimedia.org/wiki/Steward_requests/Permissions#Removal_of_access. --Agremon(contacto) 13 de xaneiro de 2018 ás 13:29 (UTC)

(Ía escribir na Taberna, ía escribir na miña conversa... Decidín deixar a nota aquí...)
Boas a todos. Paso brevemente por aquí para saudar. Boto isto en falta moito, de verdade. Sinto a miña inactividade. Acougade, vai todo ben pola miña banda. Dende que rematei a universidade non puiden dedicar nada de tempo a editar. Seguramente seguirei así durante bastante tempo polos proxectos que teño diante. Pido desculpas por non contestar as mensaxes de correo que recibín: non é a miña conta persoal e non a consulto. Grazas por preocuparvos por min. A revogación dos meus dereitos era lóxica, non vos gardo rancor por quitarme os poderes ;)
... É mentira, co poderoso que se sentía un... :P
Alégrame saber que isto segue subindo. Sigo pasando por aquí como lector aínda que non me rexistre e participe. Grazas por seguires todos adiante co proxecto :)
Gustaríame prometer o meu regreso, pero non pode ser. Ogallá algún día. Teño morriña. --Toliño Fala aquí comigo 22 de marzo de 2018 ás 17:12 (UTC)
É unha mágoa que non poidas seguir colaborando, pero se algún día volves recibirémoste cos brazos abertos (por suposto). Que teñas moita sorte nos proxectos que tes por diante e unha aperta. --Chairego apc (conversa) 22 de marzo de 2018 ás 17:17 (UTC)

Asignar os dereitos de burócrata a Estevoaei[editar a fonte]

Precisamos que un burócrata lle asigne os dereitos de burócrata a Estevoaei (conversa · contribucións) segundo o resultado da votación correspondente finalizada hoxe 31 de xaneiro. Grazas. Banjo tell me 31 de xaneiro de 2018 ás 14:18 (UTC)

Novo grupo "Administradores de interface"[editar a fonte]

Hai un novo grupo de permisos, "Administradores de interface". Compre debater neste fío da Taberna o procedemento a seguir na elección de novos admins e a asignación do permiso entre os administradores actuais. Banjo tell me 30 de xullo de 2018 ás 17:43 (UTC)

Solicitude de asignación a grupo Administrador da interface[editar a fonte]

Ola. Tralo resultado da votación rexeitada para definir un proceso de elección e asingación do novo grupo de Administradores da interface, solicito aquí no taboleiro que se me asigne este grupo para poder ter permisos de edición nos .css e .js do sistema MediaWiki. Xa que o proceso proposto non acadou un consenso e non hai outro proceso consensuado, deixo ó criterio dos burócratas/admins e da comunidade en xeral qué método de validación e asignación se desexa seguir para este grupo. Banjo tell me 9 de setembro de 2018 ás 21:55 (UTC)

Feito! Feito!; supoño que o procedemento correcto de cara ao futuro será propor e votar unha definición de administradores da interface e un proceso de votación para acadar dita condición. En tanto non se solventen, procedín a nomearte administrador da interface por solicitude propia, en base á túa experiencia como usuario e como administrador, e confiando no teu bo criterio. Un saúdo, e graciñas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de setembro de 2018 ás 22:32 (UTC)

Estevoaei, eu entendo que xa que foi rexeitado o proceso para elixir ós administradores da interface, este grupo debería ser asignado a tódolos administradores actuais e ós novos que se incorporen no futuro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2018 ás 23:05 (UTC)
Eu non me vexo capaz de ser administrador da interface, pois non teño coñecementos técnicos abondo. Se algún dos administradores quere selo, pois fantástico, dánselle os botóns, pero dálos a gogó paréceme innecesario e irresponsable. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de setembro de 2018 ás 08:48 (UTC)
Pois se o facemos así habería que indicalo na páxina de administración, indicando simplemente que este permiso será concedido ós administradores que o soliciten. Non sei se considerades que é preciso facer unha nova votación para modificar isto ou se xa se asume que é o que acepta a comunidade ó rexeitar a votación anterior... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 09:21 (UTC)
Por certo Estevoaei, dáme a min tamén este dereito por se o preciso algunha vez. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 21:06 (UTC)
Feito! Feito!. Un saúdo! :) --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de setembro de 2018 ás 12:31 (UTC)
Grazas! Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2018 ás 19:02 (UTC)

Revogación dos dereitos de administrador e burócrata - Agremon, Xas, Beninho[editar a fonte]

Precisamos dun burócrata que faga a petición en meta para a revogación dos dereitos de administrador e burócrata de Agremon, e de administrador de Xas e Beninho, todos eles por inactividade seguindo o indicado nas políticas correspondentes. Envieille os correos de aviso e as mensaxes previas de aviso están nas súas conversas correspondentes. Grazas. Banjo tell me 10 de outubro de 2018 ás 17:17 (UTC)

Feito. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de outubro de 2018 ás 11:54 (UTC)

Bandeira de bot para Aosbot[editar a fonte]

Precisamos que un burócrata lle outorgue a bandeira de bot a Aosbot segundo o resultado da votación correspondente Banjo tell me 20 de outubro de 2018 ás 12:55 (UTC)

Feito! Feito! Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de outubro de 2018 ás 03:36 (UTC)

Solicitude de asignación a grupo Administrador da interface[editar a fonte]

Solicito que se me concedan os dereitos de administrador da interface segundo o procedemento que se acordou nesta votación e así poder editar nos .css e .js do sistema MediaWiki. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 11:58 (UTC)

Dereitos concedidos; ao non existir unha política de aprobación ao respecto (véxase Wikipedia:Votacións/Definición de administradores da interface e enmendas en relación ós administradores), seguiuse o criterio comentado en Wikipedia:Administradores#Administradores da interface. --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de novembro de 2018 ás 12:02 (UTC)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Atribuír_ou_retirar_dereitos&oldid=5000604"