Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Imaxes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é a sección imaxes do Taboleiro dos administradores
System-lock-screen.svg
Dereitos
publicar
Edit-delete.svg
Bloqueos
publicar
Emblem-system.svg
Bots
publicar
Gnome-emblem-photos.svg

Nesta sección recóllense os problemas coas imaxes.

Comezar un novo fío de conversa

Mail-mark-junk.svg
Spam
publicar
Edit-clear.svg
Vandalismo
publicar
Gnome-accessories-text-editor.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4


Imaxes por verificar[editar a fonte]

Vin que na Categoría:Wikipedia:Todas as imaxes sen verificar hai moitas imaxes por verificar e quería axudar a que o número de imaxes por revisar baixe. Non quero interferir con ningunha directriz establecida nin cos procedementos do wiki, por iso, quería saber se podo realizar a verificación, se necesito autorización para facelo ou debo solicitala seguindo algún tipo de procedemento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11 de decembro de 2016 ás 12:55 (UTC)

Ola mestre, moito tempo sen falar, alédome de que volvas estar activo por estes lares. Non fai falta autorización ningunha nin hai directriz establecida, adiante co choio. Xeralmente a responsabilidade recaería nun administrador, pero calquera usuario experimentado pode levar a cabo o proceso de verificación. O proceso consiste en:
  • Asegurar que usan o modelo {{information}}
  • Asegurar que a información está completa é correcta
  • Asegurar que cumpren (ou teñen) a licenza precisa
  • Asegurar que a imaxe teña categorías axeitadas (non só as automáticas de licenza)
  • Asegurar que teña coordenadas (se aplica), engadir {{cómpren coordenadas}} se non están dispoñibles.
  • Se están duplicadas en Commons, indicalo con {{EnCommons}} ou {{SubidaACommons}}
Completado o proceso hai que substituír {{non verificada}} por {{subst:verificada}}, para que queden automaticamente recategorizadas na categoría axeitada.
Calquera dúbida no proceso ou con calquera imaxe particular aquí estamos para revisalo. Sen medo e moitas grazas! Banjo tell me 11 de decembro de 2016 ás 13:07 (UTC)
Moitas grazas pola resposta. Vou ter que deixalo estar, polo de agora, polo punto referido a Commons. E outra vez moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11 de decembro de 2016 ás 13:14 (UTC)
Mestre, o punto de Commons non precisa de ningunha actividade ou edición alí. O software MediaWiki detecta automaticamente a duplicidade. Podes ver un exemplo en calquera das imaxes da categoría categoría:Imaxes subidas a Commons, nas que dentro da sección "Uso do ficheiro" indícase a frase: "O seguinte ficheiro é un duplicado destoutro: Ficheiro:XXXXX de Wikimedia Commons". Se atopas ese texto na imaxe, nada máis sería engadir o modelo {{EnCommons}} ou {{SubidaACommons}}, sen parámetro ningún. Se tes tempo e anímaste, calquera axuda na revisión de imaxes é máis que benvida. Banjo tell me 11 de decembro de 2016 ás 13:22 (UTC)
Estou a favor da unidade da base de datos da Galipedia, prefiro que as imaxes cargadas por primeira vez aquí permanezan na Wikipedia en galego. Marcar as imaxes como subidas a Commons para que se borren neste wiki contradí ese principio. Moitas grazas polo aprecio das túas mensaxes, aproveito para felicitarvos polo traballo que estades facendo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11 de decembro de 2016 ás 13:35 (UTC)

Imaxes propias[editar a fonte]

Vexo que dentro desta Categoría de maxes sen verificar hai algunhas miñas. ¿É procedente que eu verifique as miñas propias imaxes? Case estou pensando en subilas a Commons e borrar estas, e morto o can... Pedro --Lameiro (conversa) 11 de decembro de 2016 ás 16:52 (UTC)

Se as subes a Commons estarán dispoñibles para as Wikipedias noutras linguas, é opinión persoal pero eu entendo que é a mellor opción. As que fun borrando localmente eu que xa estaban en Commons deixeilles restaurados os historiais locais e as categorías en local, polo resto asegurei de que tivesen toda a información local na páxina correspondente de Commons (p.ex as coordenadas). Se pola contra non tes oportunidade ou decides non subilas a Commons, podes verificalas localmente seguindo os pasos que lle indiquei a Prevert na mensaxe anterior. Básicamente é asegurar que teñan toda a información correcta e completa. Banjo tell me 11 de decembro de 2016 ás 16:59 (UTC)
@Lameiro: Ó borrar as imaxes localmente hai que ter en conta tanto o historial local como a posible diferenza de nome que haxa con respecto do ficheiro local ó de Commons. En xeral eu viña solucionando isto movendo o ficheiro local para o mesmo título que teña en Commons, e tralo borrado restaurándo o historial e deixando só as categorías locais na páxina de descricións. Tralos teus borrados de hoxe quedaron varios ficheiros que hai que revisar, e hai 3 páxinas con ligazóns rotas a ficheriros: Unicornio, Iria Flavia, Padrón e Usuario:Lameiro/Etnografía. Banjo tell me 11 de decembro de 2016 ás 21:47 (UTC)
Queda solucionado. Se tes algunha dúbida dos pasos a seguir neste tipo de casos avisa e coméntoche como proceder segundo o caso. Polo momento é mellor non seguir con este tipo de accións, polo menos ata que remate a votación sobre eliminación rápida. Banjo tell me 11 de decembro de 2016 ás 22:16 (UTC)

Borrar redirección incorrecta[editar a fonte]

Ola.

Podedes borrar?: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=File:1897_Á_Rosalía_Castro,_en_el_duodécimo_aniversario_de_su_muerte,_los_gallegos_redidentes_en_la_República_Argentina.pdf&redirect=no

É un nome incorrecto, nótese o "redidentes".

Trasladei ao nome correcto e quedou atrás a redirección, que é a que hai que borrar.

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2017 ás 09:31 (UTC)

Feito! Feito! --Chairego apc (conversa) 15 de abril de 2017 ás 09:42 (UTC)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Imaxes&oldid=4297727"