Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é a sección vandalismo do Taboleiro dos administradores
System-lock-screen.svg
Dereitos
publicar
Edit-delete.svg
Bloqueos
publicar
Emblem-system.svg
Bots
publicar
Gnome-emblem-photos.svg
Imaxes
publicar
Mail-mark-junk.svg
Spam
publicar
Edit-clear.svg

Nesta sección recóllense os avisos sobre actuacións vandálicas.

Comezar un novo fío de conversa

Gnome-accessories-text-editor.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5


Usuario:Penepenito Noara‎[editar a fonte]

Acaba de rexistrarse o Usuario:Penepenito Noara‎ e a súa primeira edición foi un vandalismo. Informeille na súa páxina de conversa sobre isto. Ademais teño dúbidas sobre se o seu nome de usuario respecta a política WP:NOMES, deixeille outro aviso sobre isto. Non quixen bloquealo por se foi só un erro, pero espero que non faga máis trastadas. Haberá que botarlle un ollo. --AMPERIO (conversa) 30 de abril de 2016 ás 15:51 (UTC)

Guerra de edicións[editar a fonte]

Un novo usuario The Anome, que aparentemente non fala galego, está a realizar vandalismo aproveitando a súa páxina de usuario https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:The_Anome&redirect=no . Está nunha guerra de edicións con un usuario, que intenta revertilo e mandou avisos, pero o editor non responde. Por favor, bloquear se é posible, claramente este usuario non está aquí para contribuír coa Wikipedia en galego --17 de setembro de 2016 ás 16:51 (UTC) --Phisxys (conversa)

Please see en:Wikipedia:Administrators'_noticeboard/Incidents#Systematic attack on redirects to BDSM and the accompanying SPIs and rangeblocks on enwiki for background on this; this is a single editor using multiple IPs and sockpuppet accounts to try to get back for being effectively blocked from vandalising articles on the English-language Wikipedia. -- The Anome (conversa) 17 de setembro de 2016 ás 17:15 (UTC)
To Tegel: Thank you! -- The Anome (conversa) 17 de setembro de 2016 ás 17:39 (UTC)

Crostovo Colón[editar a fonte]

Ola! Hai unha IP que está a vandalizar repetidas veces o artigo de Cristovo Colón, proporía avisar a esa IP e protexer o artigo. Grazas! Piquito (conversa) 27 de setembro de 2016 ás 08:45 (UTC)

Feito! Bloqueada --Atobar (conversa comigo) 27 de setembro de 2016 ás 08:49 (UTC)

Bloqueos[editar a fonte]

Ola, creo que bloquear sen previo aviso a IPs porque realicen unha única edición vandálica ou dúas é excesivo, e as sancións que se poñen parécenme unha auténtica animalada: bloquear unha semanas a unha IP por un vandalismo e sen darlle un toque previo, ou bloquear IPs por dous vandalismos e cun aviso previo sen que volvan vandalizar... a min paréceme un desfase. Piquito (conversa) 21 de novembro de 2016 ás 21:06 (UTC)

Se consideras incorrecto algún bloqueo concreto indícao sinalando cal/cales son os que consideras incorrectos. Dicir que os bloqueos son excesivos sen indicar a cal deles te refires non serve de moito. Banjo tell me 21 de novembro de 2016 ás 21:09 (UTC)
Este teu paréceme desproporcionado, só fixo unha edición vandálica e non recibiu ningún aviso (e unha semana por unha única edición creo que é moi desproporcionado, se fora reincidente...). O outro caso xa o coñece Chairego, eu advertín a unha IP e logo bloqueouna a pesar de que non seguiu a vandalizar. Un saúdo, Piquito (conversa) 21 de novembro de 2016 ás 21:12 (UTC)
O Usuario:200.63.106.126 é unha IP de Ecuador sen ningunha outra contribución en ningunha outra Wikipedia. O bloqueo dunha semana é máis que axeitado, xa que é unha IP que só pretende vandalizar e non vai achegar nada á Galipedia. O usuario:77.27.180.76 é unha IP dinámica de R para Galicia con só dúas edicións vandálicas aquí e só outra edición noutra Wikipedia en 2012. O bloqueo de tres días é máis que axeitado, xa que é unha IP que só pretende vandalizar e non vai achegar nada á Galipedia. Banjo tell me 21 de novembro de 2016 ás 21:20 (UTC)
Discordo, especialmente co segundo caso, non podes advertir a unha IP e que logo un administrador che pase por riba bloqueándoa sen ter en conta o que outros fixemos. Piquito (conversa) 21 de novembro de 2016 ás 21:43 (UTC)
Os bloqueos non son un castigo para as IPs, úsanse para previr máis edicións vandálicas. Unha IP que vandaliza dúas veces a mesma páxina despois de serlle revertida a primeira edición é probable que volva a facelo. Como di Banjo, a natureza das súas edicións non pretende achegar nada á Galipedia, só inclúe lixo á mantenta. --Chairego apc (conversa) 23 de novembro de 2016 ás 23:33 (UTC)
Onte bloqueei unha IP porque chamara cocainómano a un determinado alcalde. Directamente e sen avisos nin advertencias. Non me preocupou se era a primeira vez ou a enésima que vandalizada. Non me arrepinto en absoluto de telo feito así, aínda que creo que eses bloqueos non sirven de gran cousa. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 13:20 (UTC)

Usuario:CristianCb[editar a fonte]

Solicito a reversión en masa das edicións de Usuario:CristianCb, pois son, en xeral, máis prexudiciais que construtivas. --. HombreDHojalata.conversa 2 de xullo de 2017 ás 20:40 (UTC)

@HombreDHojalata: Non temos unha reversión en masa :( A eliminación en masa para un usuario concreto é para as páxinas creadas. Si poden reverterse individualmente, segue sendo máis rápido que desfacer as edicións unha a unha. Reviso as súas edicións.Banjo tell me 2 de xullo de 2017 ás 21:05 (UTC)
Á marxe das que xa revertiches ti e das que desfixeron outros usuarios, o resto deberían estar todas revertidas agora, polo menos as do último par de días en relación ós marcadores. Banjo tell me 2 de xullo de 2017 ás 21:22 (UTC)

Manuel Miragaia[editar a fonte]

Cómpre ocultar as últimas edicións vandálicas en Manuel Miragaia. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 20 de outubro de 2017 ás 11:15 (UTC)

Feito! Feito! Grazas polo aviso HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2017 ás 11:50 (UTC)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Vandalismo&oldid=4527018"