Wikipedia:Usuarios autoconfirmados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os usuarios autoconfirmados son aqueles usuarios que pasan certos requirimentos de antigüidade e mais de número de edicións. O status de autoconfirmación é comprobado cada vez que o usuario leva a cabo unha acción restrinxida: por conseguinte, é concedido polo software e non pode ser retirado. Os requirimentos precisos para acadar o status de usuario autoconfirmado varían segundo as circunstancias: para a maioría dos usuarios da Galipedia, as contas que teñen máis de 4 días de antigüidade e teñen realizado, polo menos, 10 edicións son considerados autoconfirmados. Non obstante, os usuarios que editan mediante unha rede Tor están suxeitos a normas máis estritas para a súa autoconfirmación: actualmente 90 días e 100 edicións.

O status de usuario autoconfirmado permite:

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Usuarios_autoconfirmados&oldid=3651987"