Wikipedia:Wikiproxecto Hidrografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikiproxecto Hidrografía Este usuario é membro do Wikiproxecto Hidrografía.
Atallo:
WP:AUGA

Obxectivo[editar a fonte]

Creación e mellora dos artigos relativos a hidrografía na Wikipedia en galego e, como obxectivo complementario, a creación e mellora de artigos de hidrografía de Galicia nas wikipedias noutras linguas e outros proxectos irmáns.

Inscrición e participación[editar a fonte]

A inscrición non é necesaria.

Aqueles participantes que desexen aumentar a visibilidade do wikiproxecto poden facelo dende a súa páxina de usuario mediante a inclusión do modelo {{Usuario Wikiproxecto Hidrografía}} ou o {{atallo|WP:AUGA}}, indistintamente.

Organigrama[editar a fonte]

Ríos[editar a fonte]

Para as primeiras edicións utilizar o seguinte marcador: {{Ríos de Galicia en progreso}}


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Caixa de información de ríos:

{{Río
 | nome               = 
 | imaxe              = 
 | lenda              = 
 | país               = 
 | rexión             = 
 | tipo_rexión        = 
 | nace               = 
 | altitude           = 
 | lonxitude          = 
 | conca              = 
 | caudal medio       = 
 | caudal relativo    = 
 | desemboca          = 
 | desemboca altitude = 
 | cadea fluvial      = 
 | lonxitude cf       = 
 | mapa               = 
 | lenda mapa         = 
}}

Obxectivo 1[editar a fonte]

Conseguir facer o artigo de todos os ríos, regos, regatos e torrentes de Galicia co esquema seguinte completo (ver editar sección), para así conseguir unha árbore de ligazóns internas que permitan baixar dende o máis diminuto regato ata chegar ó mar:

Barcala
Río Barcala ó seu paso por Covas, Negreira 15IX2011.JPG
Río Barcala dende a ponte do refuxio de Covas, en Negreira
País España España
Comunidade Autónoma Galicia Galicia
Nacemento Monte Fontemago [1]
Altitude 350 m [1]
Lonxitude 17,8 km [1]
Desembocadura Río Tambre
Altitude desembocadura 145 m [1]
Cadea fluvial Río Barcala,
Río Tambre

O río Barcala é un afluente do Tambre pola marxe dereita.

Curso[editar a fonte]

Nace no Monte Fontemago nas proximidades de Fontecada, concello de Santa Comba, e baña os concellos da Baña e de Negreira, onde desemboca no encoro de Barrié de la Maza.[1]

Afluentes[editar a fonte]

Afluentes do Río Barcala por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Rego de Agrís[1] (desemboca na Pallota pola marxe esquerda)
  2. Rego dos Guardados[1] (desemboca preto de Espesedo pola marxe dereita)
  3. Rego de Trece[1][2] (desemboca preto de Trece pola marxe esquerda)
  4. Rego das Xestas[1][2] (desemboca entre Folgueira e Vilanova pola marxe esquerda)
  5. Rego de Vilariño[Cómpre referencia] (desemboca na Piolla pola marxe dereita)
  6. Rego de Ferraces[1][2] (desemboca en Ponte Corneira pola marxe esquerda)
  7. Rego de Forxán[1] (desemboca preto de Vilar de Cerdeiras pola marxe dereita)
  8. Rego do Ouro[1] (desemboca en Corneira pola marxe esquerda)
  9. Rego de Busto[Cómpre referencia] (desemboca en Reiverde pola marxe esquerda)
  10. Rego de Broño[Cómpre referencia] (desemboca en Rial pola marxe dereita)
  11. Rego de Redemuiños[Cómpre referencia] (desemboca preto de Redemuiños pola marxe dereita)
  12. Rego de Porto Xañín[1][2] (desemboca en Padín pola marxe esquerda)
  13. Río Albariña[1][2] (desemboca preto de Vilachán pola marxe esquerda)
  14. Rego de Duomes[1][2] (desemboca pegado ó Pazo do Cotón, en Negreira, pola marxe esquerda)

Notas[editar a fonte]

  1. 1,001,011,021,031,041,051,061,071,081,091,101,111,121,131,14 Instituto Geográfico Nacional de España. "GoolZoom - Cartografía Raster" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster del IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 11/11/2015. 
  2. 2,02,12,22,32,42,5 Instituto Geográfico Nacional de España (1944). "GoolZoom - Topográfico MTN50" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de la primera edición del MTN50 del IGN ed.). 1:50.000. MTN50 (en castelán). Consultado o 11/11/2015. 
  • Nota: Por mor embeber un artigo dentro doutro foi necesario quitar as categorías e pasar os encabezamentos das seccións de 1º a 3º nivel.
  • Rógase non editar: Aínda que o artigo de Río Barcala se actualice, por favor, manteñan este exemplo sen editar.

...E engadir as categorías de Ríos da provincia de … e dos concellos polos que pasa.

Referencias e afluentes[editar a fonte]

Cando se fai o artigo debese referenciar correctamente. No exemplo están as referencias ós mapas cartográficos. Nestes mapas recoméndase procurar primeiro o nacemento do río (aínda que nos tramos superiores teña denominación de rego deberá crearse un único artigo para todo o río) e despois ir baixando para atopar todos os afluentes, e colocalos nunha lista numerada como a do exemplo, e entre parénteses aclarar como conflúe co río do artigo. As marxes esquerda e dereita determínanse sempre mirando río abaixo. Cando nun mapa apareza o río con liñas descontinuas ou sen nome debe engadirse á lista numerada igualmente, buscando topónimo próximo e engadindo o modelo {{Cómpre referencia}} para corrixilo nun futuro.

Obxectivo 2[editar a fonte]

Traducir os artigos de ríos doutras wikis, intentando complementalos co esquema anterior.

Obxectivo 3[editar a fonte]

Engadir mapas.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Wikiproxecto_Hidrografía&oldid=4316001"