Wikipedia:Wikiproxecto artigos de paneis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP PANEIS
NoticeBoard.png

Dámosche a benvida ao Wikiproxecto artigos de paneis, no que está invitada a participar toda a comunidade de usuarios e usuarias.

Antecedentes e obxectivo[editar a fonte]

Moitos monumentos, e outros lugares de interese, ao longo da xeografía, están iluminados por paneis instalados na vía pública por diferentes institucións. A información que hai neles, ás veces extensa, é de dominio público acolléndose á liberdade de panorama[1], reflectida na lexislación de moitos países. Xa que logo, por exemplo en España:


Ley 5/1998, de 6 de marzo, de incorporación al Derecho español de la Directiva 96/9/CE, del Parlamento Europeo y del Consejo, de 11 de marzo de 1996, sobre la protección jurídica de las bases de datos:
Artículo 35. 2. Las obras situadas permanentemente en parques, calles, plazas u otras vías públicas pueden ser reproducidas, distribuidas y comunicadas libremente por medio de pinturas, dibujos, fotografías y procedimientos audiovisuales.


O obxectivo deste wikiproxecto é crear artigos novos na Wikipedia en galego, transcribindo a información reflectida neses paneis. O que non quita que eses mesmos artigos sexan ampliados, engadíndolle máis contidos (achegando outras referencias, fotografías...).

Wikiproxecto artigos de paneis Este usuario participa no Wikiproxecto artigos de paneis.

Inscrición e participación[editar a fonte]

A inscrición non é necesaria. Aqueles participantes que desexen aumentar a visibilidade do wikiproxecto, dende a súa páxina de usuario, poden facelo mediante a inclusión do modelo {{Usuario artigos de paneis}} ou o {{atallo|WP PANEIS}}, indistintamente.

Coordinación[editar a fonte]

A liberdade de panorama en Europa:      Hai liberdade de panorama, incluso no interior de lugares públicos.      Hai liberdade de panorama.      Hai liberdade de panorama unicamente para edificios.      Non hai liberdade de panorama.

Na conversa desta mesma páxina.

Suxestións de artigos:[editar a fonte]

  • Mámoas das Cabanas (paneis: 1, 2 e 3).
  • Edificio Sanchón (panel).
  • Cárcere da Coroa (panel).
  • Edificio Iglesias Curty (panel)
  • Hotel Balneario Guitiriz (panel)



Non esquezas...[editar a fonte]

... cando vaias a tirar fotos a calquera sitio, facerlle unha aos paneis explicativos que haxa, e cargala.
... indicar, na páxina de conversa do artigo, a procedencia da información (exemplos: Conversa:Edificio Bonín, Conversa:Pazo de Fontefiz).

Notas[editar a fonte]

  1. Podes aprender máis sobre a liberdade de panorama en Wikimedia Commons (en varias linguas), ou na Wikipedia en inglés.
  2. Xa ten artigo en es:wiki. Tamén se pode facer traducíndoo de alí.


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Wikiproxecto_artigos_de_paneis&oldid=3098504"