William James

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
William James
William James b1842c.jpg
Nacemento 11 de xaneiro de 1842
  Nova York
Falecemento 26 de agosto de 1910
  Tamworth
Causa Insuficiencia cardíaca
Nacionalidade Estados Unidos de América
Relixión Luteranismo
Educado en Harvard Medical School e Harvard School of Engineering and Applied Sciences
Ocupación filósofo, psicólogo e catedrático de universidade
Pai Henry James, Sr.
Irmáns Henry James e Alice James
Coñecido/a por The Principles of Psychology e The Varieties of Religious Experience
editar datos en Wikidata ]
Fotografía de William James cara 1890.

William James, nado o 11 de xaneiro de 1842 en Nova York e finado en Chocorua (Nova Hampshire) o 26 de agosto de 1910, foi un psicólogo e filósofo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado nunha familia de tradición calvinista, é irmán de Henry James. Primeiramente estudou medicina para despois ocuparse da psicoloxía e a filosofía. Profesor da Universidade de Harvard, foi un prolífico conferenciante. John Dewey foi alumno seu.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Psicoloxía[editar | editar a fonte]

Falou do stream of consciouness, é dicir, da corrente ou fluxo da conciencia. A conciencia é un continuo bulir de conceptos e relacións. Para el o ser empírico é un ser material (corpóreo), social (o que os demais opinan) e espiritual (a interioridade). Segundo a súa teoría periférica das emocións, é o a manifestación somática o que xera a emoción.

Filosofía[editar | editar a fonte]

Defendeu o pragmatismo. Considera que non pode haber unha diferenza que non marque unha diferenza. A función da filosofía consiste na pescuda da diferenza que producirá en ti e en min que unha fórmula do mundo se estime verdadeira. Hai que abandonar a abstracción pola concreción, os sistemas pechados pola acción e o poder. Máis que os principios e as categorías contan as consecuencias e os feitos. As ideas son parte da experiencia, e só deben ser tidas como verdadeiras se nos permiten entrar en contacto con outras experiencias. Xa que logo, verdade é o que funciona, o que sae ben, o que é útil, o que ten éxito.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The principles of psicology.
  • The Will to Believe.
  • Pragmatism: A New Name for Some Old Ways of Thinking.
  • The Meaning of Thruth.
  • Pluralistic Universe.
  • Essays in Radical Empiricism.
  • Some Problems of Philosophy.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=William_James&oldid=4743120"