Wim Wenders

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wim Wenders
Wim wenders.jpg
Nacemento14 de agosto de 1945
 Düsseldorf
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversity of Television and Film Munich
Ocupacióndirector de cine, actor, fotógrafo, guionista, catedrático de universidade e produtor de cine
CónxuxeRonee Blakley, Lisa Kreuzer, Donata Wenders e Edda Köchl-König
Coñecido/a porDer Himmel über Berlin, In weiter Ferne, so nah!, Buena Vista Social Club e Paris
PremiosLeón de Ouro, Palma de Ouro, prémio de melhor diretor, Premio Helmut-Käutne, Knight Commander's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Ordem de Mérito da Renânia do Norte-Vestfália, Ring of Honour of the city Wuppertal, Leopard of Honour, Commandeur des Arts et des Lettres‎ e Comendador da Ordem do Mérito
editar datos en Wikidata ]

Wilhelm Wim Ernst Wenders, nado en Düsseldorf o 14 de agosto de 1945, é un guionista, produtor, actor e director de cine alemán.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou medicina e filosofía na universidade de Friburgo e planeou converterse en sacerdote, pero finalmente comezou a estudar na Escola de Cine e Televisión de Múnic.

De 1967 a 1970 frecuenta a Hochschule für Filme und Fernsehen en Múnic, pero xa en 1967 realizou a súa primeira curta Schauplätze. Ao ano seguinte fai outras tres: Same Player Shoots Again, Klappenfilm, dirixida xunto a Gerhard Theuring, e Victor I. O mesmo ano empeza a colaborar como crítico en "Filmkritk" e "Suddeutsche Zeitung".

Nado nunha época na que Alemaña comezou a virar cara á cultura estadounidense para esquecer o seu propio pasado, Wenders tende a explorar nas súas películas a presenza estadounidense no inconsciente europeo, ou máis concretamente a americanización da Alemaña de posguerra.

Coa súa película Der Amerikanische Freund (1977), baseada na novela Ripley's Game, de Patricia Highsmith, Wenders obtivo recoñecemento internacional. A partir dese momento Wenders comezou o que podería denominarse a súa etapa máis prolífica, encadeando títulos experimentais como Lightning Over Water (1980) e Stand der Dinge (1982) con historias intimistas e máis convencionais como París, Texas (1984), Der Himmel über Berlin (1987) ou a súa secuela In weiter Ferne, so nah! (1993) .

En 2005 rodou a longametraxe en formato dixital Don't Come Knocking (2005).

Ademais de longametraxes, tamén tivo unha importante actividade como director de curtametraxes, de documentais e de programas para a televisión, así como guionista, produtor e ata actor.

Filmografía (longametraxes)[editar | editar a fonte]

  • 1970 - Summer in the city, dedicado a The Kinks, guión: Wim Wenders.
  • 1971 - Die Angst des Tormanns beim Elfmeter, guión: Wim Wenders baseado na novela de Peter Handke.
  • 1972 - Der scharlachrote Buchstabe (A letra escarlata), guión: Wim Wenders, Ursula Ehler e Bernardo Fernández. Baseado na novela do mesmo título de Nathaniel Hawthorne.
  • 1974 - (Alice in den Städten) (Alicia nas cidades), guión: Wim Wenders, Veith von Fürstenberg.
  • 1974 - Falsche Bewegung (Falso movemento), guión: Peter Handke.
  • 1975 - Im Lauf der Zeit (No curso do tempo), guión: Wim Wenders.
  • 1977 - Der amerikanische Freund (O amigo americano) , guión: Wim Wenders baseado na novela de Patricia Highsmith Ripley's game.
  • 1980 - Lightning over water (Lóstrego sobre a agua) - Co-Dirección: Nicholas Ray.
  • 1982 - Der Stand der Dinge (O estado das cousas), guión: Wim Wenders, Robert Kramer.
  • 1982 - Hammett o home de Chinatown, guión: Ross Thomas e Dennis O'Flaherty, adaptación: Thomas Pope baseada no libro de Joe Gores, terminada case na súa totalidade por Francis Ford Coppola.
  • 1984 - París, Texas, guión: Sam Shepard.
  • 1987 - Der Himmel über Berlin (O ceo sobre Berlín), Wings of desire ou As as do desexo), guión: Wim Wenders e Peter Handke.
  • 1991 - Bis ans Ende der Welt / Until the end of the world (Ata a fin do mundo), guión: Peter Carey e Wim Wenders segundo un argumento de Wim Wenders e Solveig Donmartin.
  • 1993 - In weiter Ferne, so nah!, (¡Tan lonxe, tan cerca!) guión: Wim Wenders, Ulrich Zieger, Richard Reitinger. Continuación de Bis ans Ende der Welt.
  • 1994 - Lisbon Story, guión: Wim Wenders.
  • 1995 - Par delà les nuages (Máis alá das nubes) - Dirección: Michelangelo Antonioni e Wim Wenders. Guión: Tonino Guerra, Michelangelo Antonioni e Wim Wenders segundo relatos de Michelangelo Antonioni.
  • 1996 - The Gebrüder Skaladanowsky (The Gebrüder Skaladanowsky), guión: Sebastian Andrae, German Kral, Alina Teodorescu.
  • 1997 - The end of violence (A fin da violencia), guión: Nicholas Klein, Wim Wenders.
  • 1999 - Buena Vista Club Social
  • 2000 - The Million Dollar Hotel El hotel del millón de dólares, guión: Nicholas Klein, segundo un argumento de Bono (U2) e Nicholas Klein.
  • 2003 - The soul of a man
  • 2004 - Land of Plenty (Terra de abundancia), guión: Scott Derrickson.
  • 2005 - Don´t come knocking (Chamando ás portas do ceo), guión: Sam Shepard e Wim Wenders
  • 2007 - Invisibles (capítulo Crimes invisibeis)
  • 2008 - Palermo shooting
  • 2011 - Pina

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wim_Wenders&oldid=4748266"