Xabier P. DoCampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xabier P. DoCampo
Xabier P. DoCampo (AELG)-1.jpg
Nome completoFrancisco Xabier Puente Docampo
Nacemento5 de abril de 1946
 Rábade
Falecemento26 de xuño de 2018
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e escritor
PremiosPremio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España
Firma de Xabier Docampo.png
editar datos en Wikidata ]

Francisco Xabier Puente Docampo, coñecido popularmente como Xabier P. DoCampo, nado en Rábade o 5 de abril de 1946[1] e finado na Coruña o 26 de xuño de 2018,[2] foi un mestre, escritor[3], contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con poucos anos a familia trasladouse a Castro Ribeiras de Lea[4] e uns anos despois á Coruña onde estudou o bacharelato e Maxisterio[5]. Traballou como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica,[6] pertenceu ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación[7]. Deu cursos a profesores e relatorios en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estrutura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Escribiu libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico. Foi tamén actor e director de teatro e colaborou durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato.

Foi un dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega[8] e tamén un dos máis traducidos.[9]

En 1995 obtivo o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite,[10] seleccionada así mesmo como unha das cen mellores obras do século XX español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

A súa tarefa pedagóxica intégrase na chamada Nova Escola Galega.

Participou activamente na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, de cuxa Xunta directiva formou parte durante cinco anos, dous deles como presidente. Colaborou semanalmente no programa da Radio Galega Un día por diante cun comentario literario.

Obras[editar | editar a fonte]

Xabier P. Docampo.jpg

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • O misterio das badaladas (1986). Vía Láctea. Reeditado en 2011 por Xerais na col. Merlín. 144 páxs. 12 ª ed. ISBN 978-84-9914-207-4. ePub: ISBN: 978-84-9914-679-9.
    • En castelán El misterio de las campanadas (2012). Anaya. 192 páxs. ISBN 78-84-678-2897-9.[11]
    • En éuskaro Kanpai hotsen misterioa (2001). Elkarlanean. 142 páxs. ISBN 848331780X.
    • En catalán El misteri de les campanades (1993). Bromera. 139 páxs. ISBN 8476601379.
    • En asturiano El misteriu de les campanaes (1992). Trabe. 119 páxs. ISBN 8480530006.
  • Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986). Vía Láctea. 96 páxs. ISBN 978-84-86531-13-3.
  • A chave das noces (1988). Vía Láctea. (2018) reeditado por Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-9121-412-0.
  • O armario novo de Rubén (1989). Xerais. Col Merlín. Ilustrador Xan López Domínguez. 64 páxs. 7ª ed. ISBN 978-84-9782-899-4.
  • A nena de auga e o príncipe de lume (1990). Xerais. 56 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 78-8497822671.
  • Roxelio e a couza: A casa do porco bravo (1991). Xerais. Col. Vouche contar un conto. Ilustrado por Ánxeles Ferrer. 18 páxs. ISBN 9788475075938. (con casete).
  • Cando petan na porta pola noite (1994). Xerais. 19 ed. 978-84-8302-555-0. ePub: ISBN: 978-84-9914-587-7.
    • En castelán Cuando de noche llaman a la puerta (1996). Anaya. 90 páxs. ISBN 8420770906.
    • En éuskaro Gauez ate joka datozenenan (1996). Elkarlanean. 80 páxs. ISBN 9788479175726.
    • En catalán Quan de nit truquen a la porta (1996). Barcanova. 80 páxs. ISBN 8448903749
    • En inglés When There's a Knock on the Door at Night (2018). Sofía: Small Stations Press. 86 páxs. ISBN 978-954-384-087-8.
    • En portugués Quando batem à porta pela noite (2003). Porto: Ambar, Col.: Fora de série. 66 páxs. ISBN 972-43-0646-1.
  • Adelaida, Henrique e demais familia (1996). Galaxia. Col. Árbore. 154 páxs. 3ª ed. ISBN 978-84-9865-057-0.
    • En castelán Adelaida, Héctor y demás familia (1998). La Galera. 101 páxs. ISBN 8424692063.
    • En catalán L'Adelaida, l'Hèctor i tota la colla (1998). La Galera. ISBN 8424691164.
  • O habanero (1997). Ed. Xunta de Galicia-RENFE-Caixa Galicia. Colección Nova 33, nº 18. Pontevedra. Ilustrador: Sergio Casas. 45 p. Rústica ilustrada. (Con Ana Romaní: Marmelada de amoras).
  • O pazo baleiro (1997). Xerais. ePub: ISBN 978-84-9914-587-7.
  • Breogán (1998). A Nosa Terra. 42 páxs. Debuxos de Pepe Carreiro. ISBN 84-899-7644-9.
  • ¡Estampado! (1998). Xunta de Galicia. Ilustracións de Fran Jaraba.[13]
  • O home que inventou unha maneira de andar (1998). Galaxia. 24 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 9788482882253.
    • En castelán El hombre que inventó una manera de andar (1998). La Galera. 23 páxs. ISBN 8424654161.
    • En catalán L'home que va inventar una manera de caminar (1998). Bromera. 23 páxs. ISBN 8476604173.
    • En éuskaro Ibiltzeko era bat asmatu zuen gizona (1998). Elkarlanean. 23 páxs. ISBN 848331231X.
    • En asturiano L'home qu'inventó una manera d'andar (2001). Llibros de pexe. 23 páxs. ISBN 8489985715.
  • A viaxe de Purpurina ou a historia dunha pinga de auga (1999). Xunta de Galicia.[14]
  • Catro cartas (2000), Anaya. 64 páxs. ISBN 978-84-667-0004-7.
    • En castelán Cuatro cartas (2006). Anaya. Ilustrador Fino Lorenzo.64 páxs. ISBN 9788466752022.
  • Nube de neve (2000). Everest. 48 páxs. ISBN 9788440304124. Reedición: Nube de neve (2017). Oqueleo. Ilustrador Xosé Cobas. 48 páxs. ISBN 9788416834600.
    • En portugués Nuvem de neve (2005). Rio de Mouro : Everest, Col.: Montanha encantada, Primeiros. 44 páxs. ISBN 989-50-0037-5.
  • Os ollos de Ramón (2001). Everest. Ilustrador Xosé Cobas. 60 páxs. ISBN 9788440304148. 3ª ed.
  • Un conto de tres noites (2001). Xerais. 96 páxs. ISBN 978-8483027233.
  • ¿Víchela, víchela? (2001). Casals. ISBN 9788421824764
    • ¿La has visto? ¿La has visto? (2001). Casals. 64 páxs. ILustrador Xosé Cobas. ISBN 9788421825426.
  • A casa da luz (2002). Xerais. Col. Sopa de libros. Ilustrador Xosé Cobas. 192 páxs. 7ª ed. ISBN 978-84-8302-884-1.
    • Sobre o libro fíxose unha longametraxe co mesmo título en 2011.[15]
    • Foi publicada en en castelán como La casa de la luz (2004). Anaya. 192 páxs. ISBN 9788466717052.
    • En catalán La casa de la llum (2006). Barcanova. 208 páxs. ISBN 9788448919153.
  • Contos do museo: relatos do Museo Provincial de Lugo (2003). Museo Provincial de Lugo. 121 páxs. ISBN 8481922277.
  • Bolboretas (2004). Everest. 48 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 978-8440305138.
    • En castelán Mariposas (2005). Everest. Ilustrador Xosé Cobas. 32 páxs. ISBN 9788424116248. Tradución do autor.
  • De cores e de amores (2005). Galaxia. Col. Os duros. 36 páxs. ISBN 978-84-8288-860-6.
  • A decisión de Valerio (2005). Xerais. Col. Andavía. 24 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 978-84-9782-287-9.
    • En castelán La decisión de Valerio (2005). AlgaR Ed. Col. La Maleta Mágica. 24 paxs. ISBN 9788495722904. Tradución do autor.
    • En catalán La decisio de Valeri (2005). Bromera. 24 páxs. ISBN 9788476604199.
    • En éuskaro Balorieken Erabakia (2005). Erein. 24 páxs. ISBN 9788497462303.
  • Hoy vas a entrar en mi pasado (2006). A Fortiori. 62 páxs. ISBN 9788493477332. (en castelán)
  • O libro das viaxes imaxinarias (2008). Xerais. Infantil e xuvenil, Camaleón. 224 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 978-84-9782-916-8.[16]
    • En castelán El libro de los viajes imaginarios (2008). Anaya. 224 páxs. ISBN 9788466777049.
    • En inglés The Book of Imaginary Journeys (2008). Small Stations Peess. 224 paxs. ISBN 978-8497829168.
  • A noite das filantes (2009). Galaxia. Col. Os duros. Ilustrador Xosé Cobas. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-203-1.
  • Mans (2011). Everest. 48 páxs. Fotografías de Daniel Puente Bello. ISBN 978-8440311832.[17]
  • A nena de auga e o príncipe de lume (2012). Xerais. Col. Merlín. 64 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. ISBN 978-84-9914-344-6.
  • O país adormentado (2012). Xerais. Col. Fóra de Xogo. 144 páxs. 3ª ed. ISBN 9788499145846.
  • A illa de todas as illas (2013). Xerais. Col. Camaleón. 168 páxs. Ilustrador Xosé Cobas. 3ª ed. ISBN 978-84-9914-591-4.[18]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Os contos da campaña (3) (1992, Xunta de Galicia).
  • Trazos, trozos e retrincos (1992, Xunta de Galicia).
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Novo do trinque (1997, BNG).
  • Imos xuntos camiñar (1999, Xunta de Galicia).
  • Novos exercicios de estilo (2000, Universidade da Coruña).
  • Contos de ler e contar (2001, Xunta de Galicia).
  • Historias para calquera lugar (2001, Xerais).
  • Manuel María (2001, Ophiusa).
  • Contos do museo (2003, Deputación de Lugo).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales (2004, Xunta de Galicia).[21]
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • 55 mentiras sobre a lingua galega (2009), Laiovento).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Feira do Libro da Coruña, 1989, polo conxunto da súa obra narrativa.
  • Premio Emilia Pardo Bazán do Ministerio de Educación.
  • Premio Rañolas 1994 á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995, por Cando petan na porta pola noite.
  • Honourl List IBBY 1996.
  • The White Ravens 1997 da Jugendbibliothek de Múnic.
  • Premio Lecturas da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) de 2004.
  • The White Ravens 2005 da Jugendbibliotethet de Múnic, por Bolboretas.
  • Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Infantil-Xuvenil no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
  • Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
  • Premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2013, por A illa de todas as illas.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de 2017, por A nena do abrigo de astracán.
  • Premio da Crítica de Galicia, Creación Literaria 2018 por A nena do abrigo de astracán.
  • Premio á mellor obra narrativa por A nena do abrigo de astracán na Gala do Libro Galego do 2018.[22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xabier P. DoCampo". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-27. 
  2. "Morre Xabier P. Docampo, voz imprescindíbel da literatura infantil e xuvenil galega", Sermos Galiza, 26 de xuño de 2018.
  3. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-27. 
  4. Vizoso, Sonia (2018-06-26). "Muere Xabier P. Docampo, el niño que se hizo escritor escuchando a sus padres". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-06-30. 
  5. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-27. 
  6. "Xabier Puente Docampo. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-06-27. 
  7. "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 2019-06-29. 
  8. "La Literatura Infantil y Juvenil gallega en el siglo XXI. Seis llaves para "entenderla mejor" / Blanca-Ana Roig Rechou. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes". www.cervantesvirtual.com. Consultado o 2019-06-27. 
  9. Xolda.com. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2019-06-30. 
  10. "Xabier P. DoCampo". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-27. 
  11. "El misterio de las campanadas - Anaya Infantil y juvenil". www.anayainfantilyjuvenil.com (en castelán). Consultado o 2019-06-28. 
  12. Docampo, Xabier P. (2005). La llave maestra. Algar. p. 166. ISBN 8495722801. 
  13. D'Souza, Ajay. "Xabier P. Docampo: Estampado! « A Biblioteca de Fillos de Galicia". Consultado o 2019-06-29. 
  14. "Visualizar obra". bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-29. 
  15. "A casa da luz :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2019-06-28. 
  16. "O libro das viaxes imaxinarias. Edicións Xerais de Galicia. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-06-27. 
  17. Nicolás, Ramón (2011-11-20). "Mans, texto de Xabier P. DoCampo; fotografías de Daniel Puente Bello (DNL)". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-29. 
  18. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-28. 
  19. Nicolás, Ramón (2017-12-19). "A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-27. 
  20. "Unha excelente novela: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Xosé Manuel Eyré. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Consultado o 2019-06-27. 
  21. High-contrast-camera-video.svg DoCampo lendo un fragmento de A Máscara, conto da obra colectiva Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales.
  22. "Premiados na Gala do Libro Galego no 2018". Consultado o 28 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xabier_P._DoCampo&oldid=5186644"