Xacobe Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xacobe Casal Rey")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xacobe Casal
Nacemento?
Falecemento20 de abril de 1955
 A Coruña
SoterradoCemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
FillosXohán Casal
editar datos en Wikidata ]

Xacobe Casal Rey, finado na Coruña o 20 de abril de 1955[1], foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De como claudicou Xaquín Quiroga.

Foi profesor de cálculo mercantil. Foi director-xerente da revista Vida (1920-1921), colaborou en El Pueblo Gallego e escribiu algunhas pezas teatrais e o libro de contos De como claudicou Xaquín Quiroga, publicado en Lar. Empregado da Caixa de Aforros da Coruña, durante a Segunda República foi secretario xeral da Federación de Caixas de Aforro de Galicia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Limpa, fixa e dá esprendor, representada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o 12/4/1919.
  • No íntimo, estreado tamén en 1919 e publicado en 1924.
  • O camiño, comedia.
  • De como claudicou Xaquín Quiroga, 1927.[2]
  • La Coruña y su provincia, con Ángel del Castillo, Moret, 1930, libro de información turística (en castelán).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Tumba de Xacobe Casal no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Casou en 1915 con María Pardo Pernas e foi pai de Xohán Casal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en Hoja Oficial del Lunes, 807, 25-4-1955, p. 7
  2. Inclúe tres relatos: "De como claudicou Xaquín Quiroga", "¿Celtas ou suevos?" e "Unha crus ben lograda".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xacobe_Casal&oldid=4975321"