Xacobe I de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xacobe I de Escocia
King James I of Scotland.jpg
Nacemento25 de xullo de 1394
 Palácio de Dunfermline
Falecemento21 de febreiro de 1437
 Blackfriars, Perth
Causastab wound
SoterradoPerth Charterhouse
NacionalidadeReino de Escocia
Relixióncristianismo
Ocupaciónpoeta e escritor
PaiRoberto III de Escocia
NaiAnabela Drummond
CónxuxeJoana Beaufort, rainha da Escócia
FillosMargaret Stewart, Isabel da Escócia, Eleanor of Scotland, Mary Stewart, Countess of Buchan, Joan Stewart, Countess of Morton, Alexandre Stuart, Duque de Rothesay, Xacobe II de Escocia e Annabella of Scotland
IrmánsMargaret Stewart e Davi Stuart, Duque de Rothesay
editar datos en Wikidata ]

Xacobe I de Escocia (en inglés: James). Nado en Dunfermline o 25 de xullo de 1394 e finado en Perth o 21 de febreiro de 1437. Rei de Escocia entre 1406 e 1437.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xacobe foi fillo de Roberto III e Anabella Drummond. Tivo unha infancia axitada. En 1402 o seu irmán máis vello, David, morreu de fame na prisión de Falkland en Fife. Antes da morte do seu pai (Roberto III), en 1406, Xacobe foi enviado a Francia para a súa seguridade[1].

Prisioneiro dos ingleses[editar | editar a fonte]

No camiño, os ingleses o capturaron e foi levado ante Henrique IV de Inglaterra quen o fixo o seu prisioneiro e pedíu un rescate. O imán do rei escocés Roberto Estuardo asegurou a liberación do seu fillo, Murdoch, quen foi capturado ao mesmo tempo que Xacobe, mais non a de este. Durante 18 anos, Xacobe foi prisioneiro e educado no castelo Windsor e en varios poboados preto de Londres.

Durante o cativerio Xacobe escribiu The Kingis Quair, unha das mellores obras temperás da literatura escocesa.

Liberación e matrimonio[editar | editar a fonte]

Tras a morte do seu tío en 1420, o rescate de £40,000 foi finalmente pagado, e en 1424 Xacobe regresou a Escocia para atopar un país en caos. Levou a súa esposa con el -casara con Xuana Beaufort mentres era prisioneiro en en Londres o 2 de febreiro de 1423. Tiveron oito fillos:

  • Margarida Estuardo (¿? - 1445), esposa de Luís XI de Francia.
  • Xacobe Estuardo (1430 - 1460).
  • Alexandre Estuardo (1430 - ¿?), Duque de Rothesay. Xemelgo de Xacobe.
  • Isabel Estuardo (¿? - 1499), esposa de Francisco I de Bretaña (¿? - 1450).
  • Leonor Estuardo (¿? - 1480), esposa do Príncipe Sexismundo de Austria, Conde do Tirol e Duque de "Austria Anterior".
  • Marie
  • Jeanne
  • Annabella

Rei de Escocia[editar | editar a fonte]

Xacobe foi formalemente coroado Rei de Escocia na abadía de Scone, Pertshire, o 2 (ou 21) de maio de 1424. Inmediatamente tomou fortes accións para rexenerar a autoridade e o control. Unha de tales acciones foi a execución da familia Albany, quen opuxerase as súas accións. A execución de Murdoch, e dous dos seus fillos tiveron lugar o 24 de maio de 1425, no castelo Hill, Stirling.

Reinou con man dura sobre o país e logrou numerosas reformas financeiras e legais.

As súas accións en todas partes do seu reinado, aínda que eficaces, molestaron a moitas persoas. Durante os anos posteriores do seu reinado, os seus opositores traballaron para derrocalo[2].

Foi asasinado en Perth, no marco dunha conspiración nobiliaria.

Predecesor:
Roberto III
Royal Arms of the Kingdom of Scotland.svg
Rei de Escocia

1406 - 1437
Sucesor:
Xacobe II

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xacobe I de Escocia Diclib. Consultado o 09 de novembro de 2012.
  2. Jacobo, I Rey de Escocia La web de las biografías. Consultado o 09 de novembro de 2012.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xacobe_I_de_Escocia&oldid=4958514"