Xaime Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xaime Garrido Rodríguez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xaime Garrido Rodríguez
Nacemento7 de xullo de 1938 (81 anos)
 Bembrive, Vigo
Falecemento6 de abril de 2019
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterReal Academia de Belas Artes de San Fernando e Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
OcupaciónArquitecto
PremiosPremio Laxeiro
editar datos en Wikidata ]

Xaime Garrido Rodríguez, nado en Bembrive, Vigo, o 7 de xullo de 1938, e finado na mesma cidade o 6 de abril de 2019[1], foi un arquitecto e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola Central de Belas Artes de San Fernando[2] e na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, obtendo o título en 1966, especializándose en Restauración de Monumentos.

Garrido levou a cabo a restauración do casco vello de Baiona.

Investigou a arquitectura histórica de Vigo e a arquitectura militar fronteiriza hispano-portuguesa.

Foi arquitecto municipal de Baiona dende 1968 ata 1973, onde cooperou con Alberto Baltar Tojo, Xosé Bar Boo e Jaime Riera na redacción do Plan Xeral de Ordenación Urbana e levou a cabo a restauración do casco vello.

En Vigo promoveu a declaración como Ben de Interese Cultural do edificio da estación vella de ferrocarril e do antigo Pazo de Xustiza (hoxe MARCO).

Foi membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses e do Instituto de Estudios Tudenses.

Finou no Hospital Povisa.

Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]

Colectiva[editar | editar a fonte]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

  • Premio á Investigación da Deputación Provincial de Pontevedra, anos 1986 e 1989.
  • Premio Irmáns Gómez Román de Urbanismo e Arquitectura, 2000 e 2002-2003, do Concello de Vigo.
  • Premio Laxeiro 2017[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez, Diego (6 de abril de 2019). "Fallece Jaime Garrido, divulgador único de la arquitectura de Vigo". La Voz de Galicia. Consultado o 6 de abril de 2019. 
  2. Prego, Carlos (6 de abril de 2019). "Fallece Jaime Garrido, referente en la investigación histórica de Vigo". Faro de Vigo. Consultado o 6 de abril de 2019. 
  3. Ficha de: Manuel Gómez Román: mestre da arquitectura galeguista
  4. Presentación do libro Percorrido pola arquitectura histórica de Vigo
  5. "El arquitecto Jaime Garrido recibe el Premio Laxeiro 2017". eldiario.es. 17 de febreiro de 2017. Consultado o 6 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xaime_Garrido&oldid=5186114"