Xaime Rei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Xaime Rei
Nacemento 16 de abril de 1938
  Pontevedra
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Jaime Óscar Máximo Rey Barreiro, coñecido como Xaime Rei ou Jaime Rey, nado en Pontevedra o 16 de abril de 1938, é un político galego que foi alcalde de Redondela durante practicamente tres décadas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre de educación primaria, Xaime Rei foi destinado a Redondela, onde nas primeiras eleccións municipais, os comicios locais de 1979 encabezou a candidatura de Unidade Galega[1] que lle permitiu facerse coa alcaldía.

Nas eleccións municipais de 1983 volveu ser reelixido, pero desta vez xa á fronte da candidatura do PSdeG-PSOE. Saíu reelixido con maioría absoluta en 1987, e en 1991, pero só acadou a maioría simple nas eleccións de 1995. Iso permitiulle a Amado Ricón, o candidato do Partido Popular, presentar unha moción de censura en 1996 e retiralo da alcaldía.

Porén regresou a ela nas eleccións de 1999, e revalidou a alcaldía tamén nas eleccións de 2003 e nas de 2007. Dado que estivo involucrado nun proceso xudicial do que foi absolto[2], decidiu non prensentarse ós comicios de 2011. No seu lugar o PSdeG-PSOE presentou como cabeza de lista a Eduardo Reguera[3] que non conseguiu a alcaldía, co que deu paso a un goberno do Partido Popular.

A súa política caracterizouse pola promoción da lingua galega[4]

Ademais, nas Xerais de 1993 encabezou a candidatura do PSOE pola provincia de Pontevedra ao Senado, pero só permaneceu na Cámara Alta durante unha lexislatura, ata 1996.


Predecesor:
Edmundo Fernández Estévez
 Escudo de Redondela (Pontevedra).svg
Alcalde de Redondela
 
1979 - 1996
Sucesor:
Amado Ricón
Predecesor:
Amado Ricón
 Escudo de Redondela (Pontevedra).svg
Alcalde de Redondela
 
1999 - 2011
Sucesor:
Javier Bas Corugeira

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xaime_Rei&oldid=4700097"