Xavier Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xavier Bóveda
Javier Bóveda Pérez 1916.jpg
Nacemento31 de xaneiro de 1898
 Gomesende
Falecemento31 de outubro de 1963
 Madrid
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e conferenciante
CónxuxeJuana Fernández Pintos
editar datos en Wikidata ]

Xavier Bóveda Pérez, nado en Gomesende o 31 de xaneiro de 1898 e finado en Madrid o 31 de outubro de 1963, foi un xornalista, conferenciante, poeta e escritor galego en lingua castelá. Fundou o semanario Mundo Español e a revista Síntesis. Entre as súas publicacións destacan El madrigal de las hermosas e El perfecto optimista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai morreu prematuramente.[1] Xavier foi mozo de café, repartidor de periódicos e tipógrafo en El Diario de Orense. Admirador de Emilio Carrere Moreno, marchou a Madrid, onde entrou no círculo de galegos ilustres (como Basilio Álvarez, Roberto Nóvoa Santos ou o cacique Gabino Bugallal). Regresou a Ourense e formou parte do cenáculo ourensán.[1] En 1917 volveu a Madrid, onde asinou o manifesto ultraísta. En 1923 emigrou a Buenos Aires onde colaborou en Caras y Caretas e La Prensa. Fundou o semanario Mundo Español (1923) e a revista Síntesis (1927). Foi un destacado conferenciante.

En 1936 comenzou unha carreira teatral. En 1963 viu de xira promocional a España, morrendo dun ataque ao corazón nunha pensión madrileña.

En Vida Gallega, 1924.

Era curmán dos medio irmáns de Eduardo Blanco Amor, con quen tiña boa relación[2].

Obras[editar | editar a fonte]

  • El madrigal de las hermosas: semblanzas de mujeres orensanas, 1917.
  • Epistolario romántico y espiritual, rosario lírico y otros poemas, 1917. Con prólogo de Couceiro Freijomil.
  • Los poemas de los pinos, 1922.
  • La luna, el alma y la amada. (Intermezzo lírico)., 1922.
  • De los pazos gallegos. Versos de miedo y de superstición, 1922.
  • Canto a la raza gallega y versos de fe y de silencio, 1923.
  • Penumbras, 1923, Buenos Aires, en "La novela semanal".
  • Los motivos eternos. Poemas. Buenos Aires: La Facultad, 1927.
  • Tierra nativa: emociones. Buenos Aires, La Facultad, 1928.
  • La esencia de lo español y otros temas. Buenos Aires, Cabaut, 1929.
  • Humanismo español (Significación histórica y cultural de España). Buenos Aires: Editorial Mundo Español, 1934.
  • Integración del hombre: poemas en profundidad. Buenos Aires, Araujo Hnos., 1934.
  • Tertulias literarias. Buenos Aires, imp. Araujo Hnos., 1935.
  • Caos. Acción de nuestro tiempo en tres actos y diez cuadros. Buenos Aires: Ediciones Anaconda, 1938.
  • Acerca del teatro. Ensaio inédito depositado na RAG.
  • Cartas a una mujer. Buenos Aires, El Ateneo, 1943.
  • Tierra dura. Buenos Aires, El Ateneo, 1943.
  • Galicia madre. Buenos Aires: El Ateneo, 1944. Comedia en tres actos. Estreada no Teatro Maravillas de Buenos Aires en 1939.
  • Gamas verdes. 1962, inédito.
  • El santo y el poeta. 1962, inédito.
  • El perfecto optimista, 1945, inédito.
  • Laura busca un amante. Un honrado padre de familia. Buenos Aires: El Ateneo, 1948.
Póstumas
  • Antología poética de Xavier Bóveda, 1970 (publicado en Buenos Aires nunha edición de Néstor Astur Fernández).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Hernández Cano.
  2. Allegue, G. (1993). Eduardo Blanco Amor. Diante dun xuíz ausente. Vigo: Editorial Nigra. p. 40. ISBN 84-87709-05-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xavier_Bóveda&oldid=5231716"