Xavier Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xavier Castro Pérez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xavier Castro
Nacemento5 de xuño de 1954
 Cangas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador
editar datos en Wikidata ]

Xavier Castro Pérez, nado en Cangas o 5 de xuño de 1954, é un historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela no 1977, obtendo en 1982 o doutoramento en Historia. Desde 1991 exerce a docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.

Colaborou en diversas revistas e prensa diaria, tendo participado tamén en conferencias e presentado comunicacións en varios congresos de Historia Contemporánea.

Xunto a Jesús de Juana López promoveu desde 1983 as Xornadas de Historia de Galicia. Formou parte do equipo de redacción da revista Grial.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • I Xornadas de Historia de Galicia, 1985, Deputación de Ourense.
  • II Xornadas de Historia de Galicia. Aspectos da realidade galega (séc. XVI ó XX), 1986, Deputación de Ourense.
  • III Xornadas de Historia de Galicia. Sociedade e movemento obreiro en Galicia, 1986, Deputación de Ourense.
  • IV Xornadas de Historia de Galicia. Historiografía galega, 1988, Deputación de Ourense.
  • V Xornadas de Historia de Galicia. Galicia e América: o papel da emigración, 1990, Deputación de Ourense.
  • VI Xornadas de Historia de Galicia. Mentalidades colectivas e ideoloxías, 1991, Deputación de Ourense.
  • VII Xornadas de Historia de Galicia. Novas fontes. Renovadas Historias, 1993, Deputación de Ourense.
  • VIII Xornadas de Historia de Galicia. Cuestións de historia galega, 1995, Deputación de Ourense.
  • Historia a debate. Galicia, 1995, Universidade de Santiago.
  • IX Xornadas de Historia de Galicia. A muller na historia de Galicia, 1995, Deputación de Ourense.
  • X Xornadas de Historia de Galicia. Grandes transformacións na historia contemporánea de Galicia, 1998, Deputación de Ourense.
  • XI Xornadas de Historia de Galicia. Historia da Cultura en Galicia, 2002, Deputación de Ourense.
  • XII Xornadas de Historia de Galicia. Perspectivas plurais sobre a historia de Galicia, 2003, Deputación de Ourense.
  • Alimentación, sociabilidade e vida cotiá na historia, 2009, Universidade de Santiago.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Ayunos y yantares. Usos y costumbres en la historia de la alimentación, 2001, Nivola, Madrid.
  • A la sombra ejemplar de los parrales. Cultura del vino en Galicia y otros espacios peninsulares, 2006, Trea, Xixón.
  • Yantares gallegos: historia de la dieta atlántica, 2010, Universidade de Santiago.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo no 2007, por Servir era o pan do demo.
  • Premio Gourmand best in the world na categoría de mellor libro de historia gastronómica en galego no 2011, por A mesa e manteis.
  • XVII Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro no 2011, por A mesa e manteis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xavier_Castro&oldid=4720291"