Xavier García de Paredes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xavier García de Paredes
Praza Publica-paredescomision.png
Nacemento1960
 Ávila
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Xavier García de Paredes y Moro, nado en Ávila en 1960, é un banqueiro galego, quen foi o último director de Caixa Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia de Ribadeo, naceu en Ávila e licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Comezou a súa carreira como avogado en diversos despachos e en 1987 fichou pola entidade bancaria La Caixa, como responsable da súa asesoría xurídica con sede en Madrid. En 1999 comezou a traballar para Caixa Galicia como asesor xurídico. Ao pouco entrou a formar parte do consello de administración da empresa, e en 2006 pasou a ocupar o posto de secretario.

En 2008 ascendeu a unha das direccións da caixa, e en 2010 pasou a ocupar o cargo máximo de director xeral, logo da xubilación do seu predecesor Xosé Luís Méndez. Dende esa posición participou no proceso de fusión con Caixanova que deu lugar a Novacaixagalicia e posteriormente ao NCG Banco. Uns días despois de que se constituíse este banco, que foi nacionalizado por parte do Estado en setembro de 2011, anunciou a súa prexubilación, recibindo íntegra unha indemnización multimillonaria.

A Audiencia Nacional abriu unha causa contra el, a raíz dunha demanda presentada pola Fiscalía Anticorrupción despois dunha investigación que se iniciou en outubro do 2011 por unha denuncia da CIG.[1]

En sentenza da Audiencia Nacional de outubro de 2015, García de Paredes foi declarado inocente e absolto de tódolos cargos. Os outros 5 acusados foron condenados a diferentes penas.[Cómpre referencia]

Galardóns[editar | editar a fonte]

  • Orde de San Raimundo de Peñafort.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xavier_García_de_Paredes&oldid=4973731"