Xavier Manteiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xavier Manteiga
Nacemento1968
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Xavier Manteiga Pousa, nado en Santiago de Compostela en 1968, é un escritor e guionista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia Contemporánea. Escritor prolífico, sen abandonar a creación literaria, nos últimos anos inclinouse polo mundo audiovisual, desenvolvendo diversos proxectos para a televisión e o cine, como a edición do equipo de guionistas do Show dos Tonechos.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Morrer na herba (1995).
  • Sinfonía inacabada (1996, Positivas).
  • Manancial (1997, Xerais), Premio Xerais.
  • Ira (2002).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Berra liberdade (1996, Galaxia).

Guións[editar | editar a fonte]

  • Domingo Fontán para Tele 5 e T.V.G. (Nomeado ao mellor documental no Festival de Cinema de Ourense, 1996).
  • Si, quero (TVG).
  • Erín
  • Tres en Un.
  • Pequeno hotel (TVG).
  • Ilegal.
  • Memorias dun pobo.
  • Curmáns.
  • Mundo verde.
  • Mona e Pera.
  • Con Perdón.
  • Terra de Miranda.
  • O show dos Tonechos (TVG).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Finalista do Premio Esquío de Poesía 1995 con As portas do inferno.
  • Finalista do Premio Xerais de Novela 1996 con Sinfonía inacabada.
  • Premio Xerais de Novela 1997 con Manancial.
  • Finalista do Premio Blanco Amor de novela 1999 con Ira.
  • Finalista do Premio García Barros de Novela 2005 con O soño de Caín.
  • Premio do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), do Ministerio de Cultura, polo guión cinematográfico Ma Clon.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xavier_Manteiga&oldid=5199213"