Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Xerente da Universidade de Santiago de Compostela exerce, baixo a dependencia do reitor a xestión dos servizos administrativos e económicos da universidade, coordina a administración dos demais servizos da mesma establecidos nos estaturos e aqueloutras que o reitor lle encomende.

A resolución reitoral do 01/08/2011 de delegación de competencias en determinados órganos universitarios, recolle que se delegan na xerenta competencias en materias económicas e orzamentarias, contratación administrativa, patrimonio, na área de tecnoloxías da información e comunicación, en prevención de risco e nas unidades de apoio á xestión de centros e departamentos, asó como a xefatura do persoal de administración e servizos.

É membro nato dos seguintes órganos colexiados: Claustro Universitario, Consello de Goberno e Consello Social

Tamén forma parte dos seguintes órganos: Comisión de Administración Electrónica, Comisión de Calidade e Planificación, Comisión Reitora CIMUS, Comisión Reitora CIQUS, Comité de Dirección do Sistema de Xestión de Calidade da Área Académica, Comité de Seguridade e Saúde, Comité de Seguridade da Información, Comisión do Plan de Pensións, Consello de Administración de UNINOVA, Consello de Administración de UNIXEST, Consello de Administración de Cursos Internacionais da USC, Vogal Padroado Fundación USC-Deportiva, Comisión Sectorial CRUE de Tecnoloxía da Información e Comunicacións.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina oficial da USC

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xerencia_da_Universidade_de_Santiago_de_Compostela&oldid=3924015"