Xermania Magna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A provincia romana de Xermania
Contexto do dominio romano alén do Rin. En verde as zonas pacificadas (pertencentes a zona de Frisia á Xermania Inferior e a dos Campos Decumanos á ermania Superior), en amarelo os populi clientes ("pobos clientes" ou aliados) e en rosa os populi hostís ("pobos hostís").

A chamada Xermania Magna ou Xermania Ulterior, foi segundo a etnoloxía xeográfica da Antiga Roma, unha ampla zona da Europa central que non estivo suxeita ao dominio romano (se non parcialmente e por períodos curtos), que se estendeu ao leste do Rin, na que se asentaban a maioría das tribos xermánicas. Na época de Augusto, os romanos emprenderon a conquista a partir do ano 12 a.C.. No ano 6 a.C., toda de Alemaña ata o río Elba foi ocupada e pacificada. A consolidación da conquista de Xermania Magna de Alemaña non tivo lugar despois da derrota romana na batalla da fraga de Teutoburgo, no ano 9 d.C. Pero Arminio sería asasinado por leales a Roma e no seu lugar ocuparía o trono o seu sobrino Itálico, retornando Xermania ao Imperio.[1]

Xermania foi o nome dado polos romanos a unha rexión centroeuropea, equivalente a grandes liñas coa actual Alemaña, poboada por pobos xermanos.

Tácito di que o nome de "xermano" levábano inicialmente os tungros e que despois o nome estendeuse ao conxunto de pobos. Pero outros autores din que "xermano" foi o nome dado en latín ás tribos e pobos xermánicos, do mesmo xeito que se falaba de galos e celtas. Os historiadores modernos inclínanse pola segunda opción.

Límites territoriais[editar | editar a fonte]

Tribos e cidades da antiga Xermania (1849 Harper New York Map).

Os límites da Xermania nunca foron definidos con precisión polas fontes históricas. A parte romana, convertida en provincias, é a única que pode definirse exactamente. Pero en xeral pódese dicir que limitaba ao oeste co Rin, ao nordés co Vístula e os Cárpatos, ao sur polo Danubio, e o norte polo mar Xermánico ou Oceanus Norte (mar do Norte) e mar Báltico (Mare Suevicum). O límite polo leste, por Sarmacia e Dacia non estaba ben fixado. Cando os romanos crearon as súas dúas provincias de Xermania (Xermania Superior e Xermania Inferior) ao resto chamáronlle Xermania Magna ou Xermania Transrenana ou Xermania Bárbara.

Historia[editar | editar a fonte]

Augusto recibira do seu tío avó Xulio César unha porción da Xermania, dividida na Xermania Superior e a Inferior, cuxos límites orientais chegaban ata o río Rhenus, actual Rin. Como esta liña fronteiriza estaba fortemente fortificada, Augusto conformouse inicialmente con non estendela máis e estableceu fortalezas lexionarias en Mogontiacum (actual Maguncia) e Castra Vetera (actual Xanten). Con todo, cando no ano 11 a.C. os sicambres, usipetes e tencteri atravesaron o Rin, invadiron a Galia e derrotaron á Legio V Alaudae, Augusto en persoa presentouse, acompañado do seu posible sucesor para aquel entón, Nerón Claudio Druso. Druso tranquilizou aos galos, que tamén estaban pensando sublevarse, e logo perseguiu aos invasores ata os ríos Weser e Elba, estendendo a área de influencia de Roma ata este último. Druso regresou a Roma no 9 a.C. para ser homenaxeado, pero no camiño o seu cabalo escorregou e rompeulle unha coxa, o que lle carrexou a morte. O seu cadáver foi trasladado á capital, onde foi enterrado no Mausoleo de Augusto. O seu irmán Tiberio continuou a obra de Druso en Xermania.

Mapa do Imperio Romano e da «Xermania libre», a principios do século II.

Desta ofensiva romana soamente Maraboduro, rei dos marcomanos, lograra escapar. Xunto coa súa xente refuxiouse na Selva Hercinia, onde fundou un reino e atacou continuamente á rexión nórica e a Panonia. Entón Tiberio decidiu ir cara alí con doce lexións; con todo, unha terrible sublevación na Dalmacia, actuais Balcáns, obrigoulle a retroceder para tranquilizar esta nova rebelión, potencialmente máis perigosa que a de Maraboduro. Como este sabía que Roma necesitaba todas as tropas dispoñibles, concertou a paz con Roma e asegurou a súa posición. Mentres tanto, Tiberio e o seu sobriño Xermánico, o fillo do seu defunto irmán Druso, estiveron ocupados loitando contra os ilirios e os panonios por tres anos.

En Xermania, o novo gobernador Quinctilius Varus, inexperto no combate, obtivera o cargo grazas ao seu parentesco con Augusto (estaba casado con Claudia Pulcra, sobriña neta daquel)/daquel). Publio Quintilio Varo xa fora gobernador de Siria, onde se gañou a antipatía de moitos polas súas vanidosas accións. Agora, como gobernador da nova e inestable provincia, intentou impor aos belicosos xermanos o Dereito romano, así como o culto ao emperador, acentuando desta forma o odio cara a Roma dentro do recentemente conquistado pobo.

Desta situación aproveitouse Arminio, príncipe dos queruscos, que loitara no exército romano nas guerras en Dalmacia e, a diferenza de Varo, tiña moita experiencia militar. Cando Varo se dispuña a trasladarse desde o interior de Xermania cara aos cuarteis de inverno no Rin, Arminio -que finxía ser amigo seu- fíxolle desviarse da súa ruta cara a unha emboscada. Arminio e outros conspiradores separáronse da caravana dando escusas falsas e atopáronse cun exército que reuniran antes. Na batalla da fraga de Teutoburgo o exército de Arminio atacou ás lexións romanas XVII, XVIII e XIX, comandadas por Varo.

O exército romano atopouse nun lugar pechado levando mulleres, nenos e carga, que dificultaban a organización do exército. Logo de varios días de loita, as tres lexións foron aniquiladas completamente e capturadas as súas tres aguias douradas. Quintilio Varo e varios oficiais suicidáronse, xa que os xermanos non tomaban prisioneiros e torturaban antes de matar. O cadáver de Varo, que fora sepultado polos seus soldados, foi desenterrado polos xermanos e sometido a toda clase de vexacións. Finalmente cortáronlle a cabeza e enviárona a Roma. Miles de soldados romanos foron torturados e crucificados; varias fortalezas caeron así mesmo en mans xermanas, tal como o castelo de Aliso, xunto ao río Lippe.

Cando o emperador Augusto decatouse deste desastre, deixouse crecer a barba e o pelo durante meses e continuamente golpeábase a cabeza contra o muro exclamando: «¡Quintilio Varo, devólveme as miñas lexións!». Augusto enviou a Xermania a Tiberio quen derrotou aos bárbaros e recuperou os estandartes das lexións derrotadas por Arminio. Pero Arminio sería asasinado por leales a Roma e no seu lugar ocuparía o trono o seu sobrino Itálico, retornando Xermania ao Imperio.

Poboación[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Pobos xermanos.
Mapa sobre a distribución das tribos xermanas en tempos proto-xermánicos e as súas fases de expansión.

Xermania foi poboada densamente. O rei suevo Ariovisto (que vivía en tempos de Xulio César) puña en combate un exército de non menos de cen mil homes, os usipetos e os teúcteros reunían xuntos un exército de máis de 400.000. Maraboduro (Marobodus), líder dos marcomanos, dirixía un exército de 74.000 homes, na guerra contra os sicambres os romanos deixaron corenta mil homes, e na guerra dos camavios e os angrivarios contra os brúcteros as baixas foron de sesenta mil, pero como que estes datos deben tomarse con coidado, a realidade é que non se pode establecer a poboación real do país.

Os pobos xermanos considerábanse autóctonos do país aínda que non o eran, pero a súa emigración era o suficientemente afastada para terse perdido todo recordo ata ás lendas. A súa linguaxe, a lingua xermánica, pertencía á familia indoeuropea. Moitos xermanos tiñan o pelo louro mazaroca e vendíano para facer perrucas para as mulleres romanas. Tiñan grandes bigotes e a maioría tiñan ollos azuis.

Tácito e outros antigos autores dividían os xermanos en tres grupos: ingvaeones, na costa; hermiones no interior, e istaevones, ao leste e o sur. Tácito fainos descender dos tres fillos de Mannus, o devanceiro dos xermanos. Plinio divídeos en cinco grupos: os tres antes indicados, máis os vindilos, e os peucinios - bastarnos, pero outras clasificacións fan os vindilos parte dos hermiones, e os peucinios e bastarnos nomes de subgrupos. Tácito ademais fala dos Hilla leviones, os xermanos de Escandinavia, aos que dividía en suinones e sitones.

Relixión[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Mitoloxía xermánica.

Deuses adorados na Xermania:

  • O sol, a lúa e as estrelas
  • O devanceiro Tuisto e o seu fillo Mannus
  • Wodan ou Odín (identificado con Mercurio)
  • Freia, muller de Wodan (identificada con Isis)
  • Tyr ou Zio (identificado con Marte)
  • Nerthus, nai dos deuses
  • Os dous Alces (identificados con Castor e Pollux)
  • Thor deus do trono (identificado con Xúpiter)

Estrutura social[editar | editar a fonte]

Os xermanos dividíanse socialmente en:

  • Nobres (nobiles, próceres, optimates), que eran as persoas influentes e os seus descendentes, os que posuían moitas terras e os máis destacados polo seu valor. Estes nobres tiñan clientes. Os príncipes e reis eran sempre elixidos entre os nobres.
  • Homes libres (ingenui) que tiñan dereito a posuír a terra en forma hereditaria e cambiar o seu lugar de residencia. Asistían ás asembleas populares e servían no exército.
  • Libertos (liberti ou libertini) formaban unha clase a medio camiño entre os libres e os escravos, non podían posuír terra, pero tiñan que servir no exército, non podían participar nas asembleas; podían levar as terras doutros como colonos.
  • Escravos (servi) non tiñan dereitos e para calquera cousa necesitaban o consentimento do seu dono, que tiña dereito de vida e morte, con todo, en xeral os escravos eran ben tratados e a súa situación era mellor que a dos escravos romanos, os escravos non podían levar armas nin servir ao exército e traballaban nas casas e os campos. Os escravos érano de nacemento ou eran prisioneiros de guerra ou converteranse en escravos por resolución dos xuíces.

As tribos ou pobos vivían libres e independentes unhas das outras, o seu respectivo territorio estaba dividido en pagi ou distritos militares, cada pobo tiña o seu rei elixido entre os nobres nunha asemblea onde asistía todo o pobo (os homes libres); o rei era un maxistrado en tempos de paz pero en tempo de guerra nomeábase un xefe de guerra aos que se confiaba o poder supremo civil e militar; a asemblea podía en todo momento depor ao rei ou ao xefe de guerra, os distritos tiñan á fronte un príncipe que administraba xustiza e estaba asistido por un colexio de 100 homes, algunhas tribos non tiñan un goberno central cun rei, e eran só os líderes de distrito os que tiñan o dominio de cada parte do territorio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tácito, Anais, XI, 19 e XII, 29

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Malcolm Todd (1995). The Early Germans. Blackwell Publishing.
  • Peter S. Wells (2001). Beyond Celts, Germans and Scythians: Archaeology and Identity in Iron Age Europe. Duckworth Publishers.
  • Stümpel, Gustav (1932). Name und Nationalität der Germanen. It is also the allegory for german during the eighteenth and nineteenth century. Eine neue Untersuchung zu Poseidonios, Caesar und Tacitus. Leipzig: Dieterich. p. 60. OCLC 10223081.
  • Feist, Sigmund . Germanen und Kelten in der antiken Überlieferung. Baden-Baden.
  • Schulze, Hagen (1998). Germany: A New History. Harvard University Press. p. 4. ISBN 0-674-80688-3.
  • "German", The Concise Oxford Dictionary of English Etymology. Ed. T. F. Hoad. Oxford: Oxford University Press, 1996. Oxford Reference Online. Oxford University Press. Retrieved March 4, 2008.
  • Tácito: Germania 2.
  • Jones, Terry and Alan Ereira (2006), "Terry Jones' Barbarians", p. 97. BBC Books, Ltd., London, ISBN 978-0-563-53916-2.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xermania_Magna&oldid=4986453"