Xesús Calviño de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xesús Calviño de Castro
Jesús Calviño Castro 1921.jpg
Nacemento29 de xaneiro de 1893
 Abegondo
Falecemento3 de xuño de 1972
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Xesús Calviño de Castro, nado en Abegondo o 29 de xaneiro de 1893 e falecido en Buenos Aires o 3 de xuño de 1972, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia acomodada, os seus pais Pedro Calviño e María de Castro eran mestres. De neno viviu uns anos nas Torres de San Tirso (Pazo de Quiroga), pois o seu pai era o apoderado da familia. Emigrado á Arxentina en 1911 para evitar o servizo militar, integrouse na comunidade da diáspora galega, colaborou en El Despertar Gallego, Galicia, Lugo, Acción Gallega, Ecos de Galicia, Crítica, Nova Galicia, Correo de Galicia, Alborada e A Nosa Terra e dirixiu xornais dirixidos aos galegos e galegas da emigración. Tamén traballou como xornalista de radio na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.[1] Está soterrado no cemiterio Flores do Gran Buenos Aires.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

  • Hojas dispersas, 1943.
  • Bordón Peregrino, ilustrado polo pintor arxentino Pablo Fabisch, 1947.

En galego[editar | editar a fonte]

Editáronse en 1999, de forma póstuma, as obras en galego de Calviño de Castro:[3]

  • Forza segreda (teatro).
  • Poemas inéditos e dispersos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ercilia Quiroga Salinas na Arxentina o 14 de xullo de 1953, e quedou viúvo en 1960.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vilanova Rodríguez, A. Los Gallegos en la Argentina, vol. II. Centro Gallego de Buenos Aires: Ediciones Galicia, 1966.
  2. Delgado Corral, C. (ed.). Obra en galego de Xesús Calviño de Castro. Betanzos: Concello de Betanzos, 1999
  3. Obra en galego de Jesús Calviño de Castro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xesús_Calviño_de_Castro&oldid=5136330"