Xesús Rábade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xesús Rábade Paredes")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xesús Rábade Paredes
Xesús Rábade Paredes (AELG)-4.jpg
Nacemento 20 de xaneiro de 1949 (69 anos)
Lugar Seixas, Cospeito, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación poeta
Cónxuxe Helena Villar Janeiro
Fillos María do Cebreiro e Abe Rábade
Xéneros Poesía, narrativa e ensaio
editar datos en Wikidata ]

Xesús Rábade Paredes, nado en Seixas (Cospeito) o 20 de xaneiro de 1949, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar de carteiro e estivo un tempo en Berna (Suíza) traballando nos anos setenta[1]. Posteriormente dedicouse ao ensino de lingua e literatura en secundaria.

Literariamente ten cultivado o ensaio, a narrativa e a poesía. Comezou moi cedo a súa carreira literaria e figura na antoloxía Os novísimos da poesía galega. Traballou en tarefas de normalización lingüística e cultural: formación do profesorado, reforma educativa, elaboración de textos e material escolar, publicación en prensa de numerosos artigos, algúns recollidos en libro, sobre a situación social da lingua. De 1992 a 1995 foi Coordinador Docente de Lingua galega.

Membro do colectivo de renovación poética Cravo Fondo, a súa obra foi antologada e traducida a varias linguas. É membro fundador do PEN Clube de Galicia.

Está casado con Helena Villar Janeiro, sendo os pais da poeta María do Cebreiro Rábade e do músico de jazz Abe Rábade.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Los oscuros sueños de Clío, de Carlos Casares, 1994, Alfaguara, Madrid. Do galego ao castelán.
  • La poesía erótico-amorosa en el Egipto faraónico, 1995, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Versión galega e nota introdutoria.
  • Mazurca para dous mortos, de Camilo José Cela, 1999, Xunta de Galicia.
  • Narrativa breve completa Carlos Casares, 2012, Libros del Silencio.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obras con Helena Villar Janeiro[editar | editar a fonte]

  • Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno, 1979, Padroádego Rosalía de Castro. Edición corrixida no 2008 a cargo da Fundación Rosalía de Castro. Para nenos.
  • Lección conmemorativa sobre Rosalía de Castro, 1980, Padroádego Rosalía de Castro. Para nenos.
  • Morrer en Vilaquinte, 1980, Universidade de Santiago de Compostela. Reeditado en 1992 na Biblioteca 114. Narrativa.
  • O sangue na paisaxe, 1980, Edicións do Cerne. Poesía.
  • No aló de nós, 1981, Universidade de Santiago de Compostela. Poesía.
  • Viaxe e fin de don Frontán, de Rafael Dieste, 1982, Edicións do Castro. Tradución.
  • Contos de nós e da xente, 1983, S. M. Literatura infanto-xuvenil.
  • Cantan os nenos (O libro de María), 1984, Xunta de Galicia. Cancións para nenos.
  • Cabeleira de pedra, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago, con tradución multilingüe. Reeditado en 2004. Poesía.
  • Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Símbolos de Galicia, con vídeo, 1993, Ophiusa.
  • Poemas, de Rosalía de Castro, 2002, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
  • Dona e Don, 2004, Galaxia. Literatura infanto-xuvenil.
  • Follas Novas/Hojas Nuevas, de Rosalía de Castro, 2004, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
  • Versos a Compostela, de Rosalía de Castro, 2008 Consorcio de Santiago/Alvarellos. Tradución.

Outras obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal. Poesía.
  • Chile en el corazón/ Xile al cor/ Chile no corazón/ Txile bihotzean. Homenaje a Pablo Neruda, 1975, Península, Barcelona. Poesía.
  • Cravo fondo, 1977, Follas Novas Edicións. Poesía.
  • Antoloxía de poesía galega. Do posmodernismo aos novos, 1980, Galaxia.
  • Escolma da poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Edición de Xosé Lois García.
  • Literatura Século XX. Iniciación universitaria, 1985, Galaxia. Con María Victoria Moreno.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos. Ensaio.
  • Noiva azul, en Contos eróticos/Eles, 1990, Xerais. Narrativa.
  • Alba de auga, en O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia. Relato.
  • Proceso a don Nemesio Lapinio Tecedor, en Contos da xustiza, 1991, Ir Indo. Relato.
  • Homenaxe a Ramón Piñeiro, 1991, Fundación Caixa Galicia.
  • Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN, 1993, Xunta de Galicia/PEN Clube.
  • Sempre no Camiño, 1993, Hércules/Xacobeo. Poesía.
  • Voces en Compostela, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago. Narrativa.
  • Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico, 1994, Universidade de Santiago de Compostela. Ensaio.
  • Premios de poesía e novela curta Concello de Marín, 1995, Concello de Marín. Narrativa.
  • Berra liberdade, 1996, Galaxia. Relato.
  • Letras galegas 1998. As ermidas e o mar, 1998, Xunta de Galicia. Poesía.
  • Congreso Literatura Galega e do Norte de Portugal, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
  • Congreso sobre Avilés de Taramancos, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
  • Congreso sobre Castelao, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
  • Xornadas sobre Manuel Antonio, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Poesía.
  • 25 anos de poesía galega. 1975-2000, 2002, La Voz de Galicia. Poesía.
  • Francisco Fernández del Riego, 2002, Fundación Premios da Crítica. Poesía.
  • O libro dos abanos, 2002, Follas Novas. Poesía.
  • O trazo aberto. Poesías e debuxos, 2002, Deputación de Pontevedra. Poesía.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Poesía.
  • Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo, 2003, Poesía Frouseira, Barcelona. Poesía.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Poesía.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Narrativa.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
  • 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo. Poesía.
  • Retrincos de Vilalba e dos vilalbeses, 2005, Instituto de Estudos Chairegos. Poesía.
  • 37 poemas por man propia, 2006, Colección Bourel. Poesía.
  • Palavras de vento e de pedra, 2006, Município de Fundão, Portugal. Poesía.
  • Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia. Poesía.
  • Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Poesía.
  • Voces na materia, 2006, A. C. Barbantia. Poesía.
  • VI Encontro Internacional de Poetas, 2007, Universidade de Coimbra. Poesía.
  • Poetas en Lugo, 2007, Concello de Lugo. Poesía.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Poesía.
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012. Poesía.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Poesía.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Poesía.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Poesía.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Poesía.
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Poesía.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Aforismos.

Bibliografía sobre o autor[editar | editar a fonte]

  • Labras do oficio. Xesús Rábade Paredes ante 33 miradas, 2008, Fundación Manuel María.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Padroádego Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos en 1979, pola obra en común con Helena Villar Janeiro Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno.
  • Premio Galicia de Narrativa da Universidade de Santiago no 1980, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por Morrer en Vilaquinte.
  • Premio Galicia da Universidade de Santiago no 1981, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por No aló de nós.[Cómpre referencia]
  • Premio Manuel Antonio no 1981, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por O sangue na paisaxe.
  • Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa no 1991, por Branca de Loboso.
  • Premio Esquío de poesía no 1993, por Poldros de música.
  • Accésit do Premio Miguel González Garcés de poesía no 1999, por Os dedos dos loureiros.
  • Finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2002, por Como levar un morto.
  • Premio Blanco Amor de novela longa no 2007, por Mentres a herba medra [3].
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2013, por Sobre ruínas.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de poesía ou teatro de 2013, por Sobre ruínas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xesús Rábade Paredes". pengalicia.gal. Consultado o 2018-06-18. 
  2. Con poemas en galego e poemas en castelán e prólogo de María Victoria Moreno.
  3. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2007/04/28/xesus-rabade-paredes-gana-premio-blanco-amor-mentres-herba-medra/0003_5759071.htm La Voz de Galicia. Ferrol, 28 de abril de 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xesús_Rábade&oldid=4764764"