Xoán López Durá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoán López Durá
Nacemento1910
 A Habana
Falecemento1973
 México
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Xoán López Durá, nado na Habana en 1910 e finado en México en 1973, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi profesor de Dereito Administrativo en 1936. Foi director da Sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas do Seminario de Estudos Galegos. Militante do Partido Galeguista, logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela. Trasladouse a Alemaña para ampliar estudos e cando regresou estalou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e tivo que exiliarse en México. Foi profesor da Universidade de San Nicolás de Hidalgo en Morelio. Mantivo os contactos co galeguismo político no exilio a través do Consello de Galiza e do Padroado da Cultura Galega de México do que foi directivo. Posteriormente vinculouse á Unión do Povo Galego. Colaborou en revistas con traballos da súa especialidade, foi membro do consello de redacción da revista Vieiros e traduciu libros ao inglés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xoán_López_Durá&oldid=4679352"