Xoán XVIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xoán XVIII")
Xoán XVIII, papa
Ioannes XVIII.jpg
Xoán XVIII
Nacemento valor descoñecido
  Roma
Falecemento 18 de xullo de 1009
  Roma
Soterrado Basílica de San Pedro
Relixión catolicismo
Ocupación clérigo e sacerdote
Período 1003 a 1009
Coñecido/a por ser o papa n° 141 da igrexa católica
Organización Igrexa católica
Cargos Bispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Giovanni Fasano foi papa da Igrexa católica baixo o nome Xoán XVIII dende o ano 1003 (consagrado en xaneiro 1004) ata o ano 1009 . Naceu en Roma, non se sabe o seu ano de nacemento e finou nun mosteiro da mesma cidade en 1009. Sabese pouco sobre a súa vida e as fontes discrepan nas datas. Pola contra acontecementos sobre o seu pontificado son mellor testificados.

Biografía[editar | editar a fonte]

Era fillo dun sacerdote romano. Elixido papa o día de Nadal 1003, carga da cal dimitiu en 1009 para retirarse de monxe nun mosteiro de Roma, onde se dedicou á vida monástica, e onde morreu algúns meses máis tarde.[1]

Fai parte dos papas, como o seu predecesor, Xoán XVII, que estiveron baixo o dominio da poderosa familia romana Crescencio, familia oposta á potencia imperial, e que logrou gobernar Roma algún tempo [2].

Pontificado[editar | editar a fonte]

Durante o seu pontificado xestionou sobre todo asuntos vinculados á administración eclesiástica.

Conseguiu restablecer a unión con Bizancio e foi recoñecido bispo de Roma pola Igrexa Ortodoxa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en francés) [1], (en inglés) [2], (en castelán) [3], (en castelán) Páxina web sobre Xoán XVIII na ENCICLOPEDIA CATÓLICA
  2. (en inglés) Crescentius

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xoán_XVIII,_papa&oldid=4716759"