Xogos Olímpicos de 1912

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xogos da V Olimpíada
Olympic rings without rims.svg
Estocolmo 1912
Estados Participantes 28
Atletas 2407
Eventos 102 en 14 deportes
Cerimonia de apertura 5 de maio
Cerimonia de clausura 27 de xullo
Apertura oficial Rei Gustavo V
Local Olympiastadion

Os Xogos Olímpicos de 1912 realizáronse en Estocolmo, capital de Suecia, entre o 5 de maio e o 27 de xullo coa participación de 2407 atletas (48 mulleres) de 28 países. Abertos oficialmente polo Rei Gustavo V, os xa bastante concorridos, prestixiados e famosos Xogos foron un modelo da eficiencia sueca e o primeiro no que compareceron atletas de todos os cinco continentes representados na bandeira olímpica.

Dotados dunha estrutura nunca antes vista, estes foron os primeiros Xogos que utilizaron un, na época, moderno sistema de son con altofalantes espallados polo complexo olímpico e pola cidade, para informar sobre os resultados de cada deporte disputado; alén diso, Estocolmo empregou por primeira vez un sistema de fotografías e cronometraxe semieletrónica, para a marcación dos tempos da Natación e do Atletismo.

Foron tamén os primeiros onde houbo unha cerimonia coreografada de apertura, antes da entrada das delegacións nacionais, realizada por douscentos rapaces vestidos de branco no centro do campo do Estadio Olímpico.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Jim Thorpe
  • A organización dos Xogos non permitiu a disputa do boxeo, xa que a lexislación sueca prohibía a práctica deste deporte no país, o que fixo que o Barón de Coubertin de alí en diante aprobase no COI unha resolución que diminuía o poder sobre a organización dos Xogos polo país anfitrión.
  • Foi introducido nas Olimpíadas o péntatlon moderno, modalidade que combinaba esgrima, tiro, carreira polo campo, equitación e natación nunha soa proba. En 5º lugar nesta primeira disputa, e primeiro entre os non escandinavos, chegou un xove cadete do exército americano, quen, trinta anos máis tarde, durante a II Guerra Mundial, sería coñecido como George S. Patton.
  • O grande heroe entre todos os atletas que disputaron estes Xogos foi o americano Jim Thorpe, de descendencia indíxena, que conquistou a medalla de ouro no péntatlon e no décatlon, onde arrasou o récord mundial, sendo considerado o máis perfecto atleta do mundo.
Hannes Kolehmainen, o primeiro "finlandés voador"
  • A semifinal dos pesos medios da loita greco-romana entre Alfred Asikainen de Finlandia e o ruso Martin Klein durou nada máis nada menos que once horas.
  • Os Xogos de Estocolmo viron a aparición vitoriosa do atletismo finlandés a través principalmente de Hannes Kolehmainen, que gañou tres medallas de ouro en carreiras de fondo - e gañaría o maratón oito anos despois, en Antuerpen - e sería o pioneiro e inspirador dunha lexión de extraordinarios corredores finlandeses que encantarían o mundo e dominarían o atletismo de pista nos Xogos posteriores á I Guerra Mundial.

Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

O sueco Oscar Swahn na disputa do Tiro en 1912

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas Olympic rings without rims.svg
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Flag of the United States.svg Estados Unidos 25 19 19 63
2 Flag of Sweden.svg Suecia 24 24 17 65
3 Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido 8 6 11 25
4 Flag of Russia.svg Finlandia 9 8 9 26
5 Flag of France.svg Francia 7 4 3 14
6 Flag of the German Empire.svg Alemaña 5 13 7 25
7 Red Ensign of South Africa (1910–1912).svg Suráfrica 4 2 0 6
8 Flag of Norway.svg Noruega 4 1 4 9
9 Flag of Hungary (1915-1918; angels; 3-2 aspect ratio).svg Hungría 3 2 3 8
Canadian Red Ensign (1957–1965).svg Canadá 3 2 3 8

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xogos_Olímpicos_de_1912&oldid=5213723"