Xogos Olímpicos de Inverno de 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Logo dos xogos.

Os Xogos Olímpicos de Pyeongchang 2018 (en hangul: 평창 동계 올림픽, hanja: 平昌 冬季 올림픽), oficialmente coñecidos como XXIII Xogos Olímpicos de Inverno, é un evento multideportivo internacional que leva a cabo na cidade de Pyeongchang, Corea do Sur entre o 9 e o 25 de febreiro de 2018.

A elección da cidade sede dos Xogos celebrouse o 6 de xullo de 2011 en Durban (Suráfrica), durante a 123.ª Sesión do COI. Pyeongchang venceu a Annecy (Francia) e Múnic (Alemaña).[1]

Esta foi a terceira candidatura consecutiva de Pyeongchang, a primeira exitosa logo de perder ante Vancouver e Sochi. Serán os segundos Xogos Olímpicos e os primeiros invernais en Corea do Sur. Pyeongchang converterase na terceira cidade asiática, tras Sapporo e Nagano (Xapón), en celebrar uns Xogos de Inverno.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xogos_Olímpicos_de_Inverno_de_2018&oldid=4662756"