Xosé Antonio Sánchez Bugallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Antonio Sánchez Bugallo
Xose Antonio Sanchez Bugallo.JPG
Nacemento31 de xaneiro de 1954
 Teixeiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Xosé Antonio Sánchez Bugallo, nado o 31 de xaneiro de 1954 en Teixeiro (Curtis), é un político galego.

Concelleiro polo PSdeG-PSOE no concello de Santiago de Compostela entre 1987 e 1999. Nas eleccións do 13 de xuño de 1999 resulta elixido alcalde da cidade, froito dun pacto co BNG en substitución de Xerardo Estévez. Reelixido nas eleccións municipais de 2003 e nas de 2007.

Trasladouse a vivir a Santiago cando tiña nove anos, está divorciado e ten unha filla.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira da man de Xerado Estévez como xefe de gabinete deste. Nas eleccións municipais de 1987, Xosé Sánchez Bugallo sae elixido como concelleiro. Dende esa data, sendo edil até que toma posesión como rexedor do concello asumiu diferentes delegacións municipais como Deportes, Relacións Veciñais, Tráfico e Seguridade Cidadán, Persoal e Réxime Interior, Voceiro municipal, etc.

Resultados electorais

Dende as eleccións municipais de 1999 comparte o goberno da cidade en coalición co BNG, pacto que se repetiu no 2003 e no 2007.

Nas eleccións municipais de 2019 foi escollido de novo alcalde de Santiago, substituíndo a Martiño Noriega.[1]

Outros cargos[editar | editar a fonte]

Dende 1999, e membro do Consello de Administración da Organización de Cidades Patrimonio Mundial (OCPM), presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Santiago de Compostela que abrangue os municipios de Ames, Brión, Boqueixón, Teo, Val do Dubra e Santiago de Compostela, e desde maio do 2005 preside a Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, organismo internacional formado por cinco cidades británicas, trece do Estado español, seis portuguesas, unha irlandesa e nove francesas.

Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.


Predecesor:
Xerardo Estévez
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1998 - 2011
Sucesor:
Gerardo Conde Roa
Predecesor:
Martiño Noriega
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Antonio_Sánchez_Bugallo&oldid=5211772"