Xosé Canedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Canedo
Lugar Tordoia
Falecemento 1945
Nacionalidade España
Ocupación escritor
editar datos en Wikidata ]

Xosé Canedo Grille, nado en Tordoia a principios do século XX, foi un lingüista e orientalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia labrega, marchou a estudar no seminario de Santiago de Compostela. De aí, interesado pola lingüística, proseguiu estudo noutras cidades europeas, entre elas Berlín, onde coincidiu con Lois Tobío Fernández ou Felipe Fernández Armesto[1]. Especialista en lingüística indoeuropea, regresará a España e a guerra civil sorprenderao dando clase na Universidade de Barcelona, onde era profesor auxiliar de Filosofía e Letras. Aproveitando un congreso en Francia, foxe do bando republicano e lévalle uns planos ao goberno nacional de Burgos[2]. A pesar desta e doutras colaboracións co franquismo ao remate da guerra, o 6 de agosto de 1941 é expedientado por insubordinación[3]. Ao ano seguinte (1942), publica a que será a súa obra máis importante, Resumen de literatura sánscrita. Tamén publicou nese tempo diversos artigos sobre o sánscrito e a súa literatura en revistas filolóxicas.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Die lateinischen Inchoativa und ihr Verhältnis zur Komposition (1936)
  • Nachleben des idg. Injunktivs im Lateinisch-Romanischen (1938)
  • Resumen de literatura sánscrita (1942)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tobío, Lois. As décadas de TL, Ediciós do Castro, 1994, páxinas 238-40
  2. Tobío, Lois. As décadas de TL, Ediciós do Castro, 1994, páxina 420
  3. Claret Miranda, Jaume, la repressió franquista a la universitat espanyola, Universitat de Barcelona, 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Canedo&oldid=4605012"