Xosé Gambino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Gambino
Nacemento14 de maio de 1719
 Pazo do Faramello
Falecemento24 de agosto de 1775
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor e imaxineiro
Coñecido/a porRetablo maior do mosteiro de Sobrado
editar datos en Wikidata ]
San Roque de Gambino na capela do Hospital de San Roque en Santiago de Compostela.

Xosé Gambino, nado no Faramello (Ribasar, Rois) en 1719 e finado en Santiago de Compostela en 1775, foi o máximo expoñente da escultura rococó en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no pazo do Faramello. Colaborou con Fernando de Casas Novoa na fachada do Obradoiro. Os franciscanos encargáronlle unha figura de santo Antón para o convento de San Francisco de Herbón, onde innovou a iconografía galega co neno nun só brazo. Máis tarde, neste mesmo convento, tallou as imaxes da Virxe, san Xosé, san Francisco, san Miguel, san Rafael e Santiago Peregrino. Realizou as imaxes para o retablo da capela do pazo de Oca. En 1753 traballou no mosteiro de Oseira.

É emblemático o seu Santiago peregrino da sala capitular da basílica compostelá e as súas imaxes de Santiago Matamouros (na propia catedral e no frontón do Pazo de Raxoi). Salienta tamén un san Roque na capela compostelá do mesmo nome.

Grandes mosteiros como o de Sobrado dos Monxes e San Martiño Pinario reclamaron tamén os seus servizos. Con el formouse o grande escultor galego do período seguinte Xosé Ferreiro, xenro seu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Gambino&oldid=5255594"