Xosé Landeira Yrago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Xosé Landeira Yrago
Nacemento 23 de outubro de 1922
Lugar Santiago de Compostela, Galicia Galicia
Falecemento 16 de abril de 1995 (72 anos)
Lugar Vigo, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación xornalista
Xéneros Xornalismo
editar datos en Wikidata ]

Xosé Landeira Yrago, nado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 1922 e finado en Vigo o 16 de abril de 1995[1], foi un xornalista e escritor galego pertencente á Xeración La Noche.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de xornalista na Escola Oficial de Periodismo de Madrid. Formou parte da redacción de La Noche, do que foi redactor xefe, e foi secretario da primeira xunta directiva do Padroado Rosalía de Castro, fundado o 15 de novembro de 1947. En 1951 abandonou España e foi correspondente dos periódicos Madrid e La Vanguardia en Brasil, onde foi chanceler da Embaixada de España no Río de Xaneiro. Retornou en 1964 e foi xefe de redacción, subdirector (1965-1975) e director (1975-1979) de Faro de Vigo, e director da revista Grial. Foi vicepresidente da Asociación da Prensa de Vigo e xefe do Gabinete de Prensa do Tribunal Constitucional ata a súa xubilación.

Como xornalista tivo ao seu cargo páxinas literarias e realizou estudos centrados en aspectos literarios de escritores como Guimarães Rosa, Fernando Pessoa, Lima Barreto ou Camões.

Foi un dos maiores estudosos da vida e obra de Federico García Lorca en xeral e da súa relación con Galicia en particular.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Elucidário de Camões: dicionário onomástico e alusivo, 1963.
  • Antoloxía de poesía galega. Dos devanceiros ao dezaoito, 1980.
  • Viaje al sueño del agua: el misterio de los poemas gallegos de García Lorca, 1986.
  • Federico García Lorca y Galicia, 1986.
  • Sobre las fugas de Cunqueiro. Otra vida de Álvaro entre el periodismo y la literatura, 1991.

Como tradutor[editar | editar a fonte]

  • Auto da barca do inferno, de Gil Vicente (1970), edición e adaptación ao galego.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Landeira_Yrago&oldid=4739691"