Xosé Manuel Budiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Manuel Budiño
Creatividad musical de Galicia MICSUR 7.jpg
Budiño no MICSUR, Mar del Plata, Arxentina, en maio do 2014.
Nome completoXosé Manuel Budiño
Nacementoséculo XX
OrixeMoaña
Ocupaciónmúsico
XéneroFolk
Instrumento(s)Gaita
Tempo en activodende 1991
Na rede
Páxina oficial
editar datos en Wikidata ]

Xosé Manuel Budiño é un gaiteiro galego nacido en Moaña.

Biografía[editar | editar a fonte]

A comezo dos 80 vai á escola de gaitas "Semente Nova" de Moaña. Participa na banda de gaitas Xarabal e en 1991 funda o grupo Fol de Niu, colaborando posteriormente con bandas como Altan (Irlanda), Capercaillie (Escocia), Oskorri (Euskadi) ou artistas como Kepa Junkera e Uxía Senlle.

En 1996 presenta o seu proxecto en solitario Paralaia. Para as actuacións contou con Leandro Deltell (Batería, percusións), Xan Hernández (baixo), Pedro Pascual (bouzouki, mandola), Xabier Díaz (acordeón) e Pablo Alonso (clarinete baixo).

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 1997 - Paralaia
  • 2000 - Arredor
  • 2004 - Zume de Terra
  • 2004 - Colabora no disco do cantautor Xil Ríos Vai e ven como frautista no tema "Alalá o meu mare"
  • 2007 - Home (coas colaboracións de Xoel López, Kepa Junkera, Mercedes Peón, Jorge Pardo e Jacky Molard)
  • 2010 - Volta

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Manuel_Budiño&oldid=5025720"