Xosé María Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xosé María Rodríguez Barreiro")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé María Barreiro
Nome completoJosé María Rodríguez Barreiro
AlcumeXosé María Barreiro
Nacemento28 de xuño de 1871
 Baiona
Falecemento23 de novembro de 1923
 Baiona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

José María Rodríguez Barreiro, coñecido como Xosé María Barreiro, nado en Baiona o 28 de xuño de 1871 e finado no mesmo concello o 23 de novembro de 1923, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixiu en Baiona os periódicos El Valle Miñor (1902) e El Miñor (1904). Foi redactor de Faro de Vigo. Escribiu o drama en verso Gente de Mar, estreado en Baiona en 1907, La Virgen de la Roca. Apropósito lírico en tres cuadros y en verso (1910) estreado en Vigo en 1911 con música de Angel Rodulfo, e Un conto, diálogo en galego escrito para Hipólito Reguenga e Castelao. En 1910 dirixiu Heraldo de Bayona e en 1914 o periódico agrarista e anticaciquil El Pueblo, e participou no II Congreso Agrario Provincial de Pontevedra (1915). El Pueblo foi pechado en 1916 e José María foi condenado a catro anos de desterro por supostas inxurias a un crego. Axudado pola Sociedad Miñorana de Montevideo, emigrou a America, fundou a Casa de Galicia de Montevideo e dirixiu en Uruguai o semanario Tierra Gallega (1917) e Galicia Nueva (1918). En Montevideo representou Gente de Mar, La Romería de San Roque, Pan Quente, comedia de costumes e varias veces a zarzuela La Virgen de la Roca. Tamén asinou algunhas das súas colaboracións co pseudónimo Franco del Todo. É tamén autor dun documental sobre costumes e paisaxes de Galicia en 1918. Gravemente enfermo, regresou a Baiona, onde finou en novembro de 1923.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_María_Barreiro&oldid=5018620"