Xosé Neira Vilas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Neira Vilas
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Medalla de Galiza.svg
Xosé Neira Vilas (AELG)-2.jpg
Neira Vilas en 2009.
Nome completo Xosé Santiago Neira Vilas
Nacemento 3 de novembro de 1928
Lugar Gres, Vila de Cruces
Falecemento 27 de novembro de 2015 (87 a.)
Lugar Gres, Vila de Cruces
Residencia Galicia, Arxentina, Cuba
Nacionalidade española
Alma máter Universidade de Buenos Aires
Ocupación escritor e xornalista
Cónxuxe Anisia Miranda († 2009)
Fillos non tivo
Período 1960-2015
Movemento realismo social [1]
Xéneros narrativa, ensaio, poesía
Coñecido/a por Memorias dun neno labrego
Estudos Licenciado en Xornalismo
Premios véxase a sección de seu
Xosé Neira Vilas. Firma. Ourense 14-11-2011.jpg
editar datos en Wikidata ]

Xosé Santiago Neira Vilas, nado na parroquia de Gres, concello de Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Cronobiografía de Xosé Neira Vilas.

Infancia[editar | editar a fonte]

Xosé Santiago foi o fillo máis vello de Xosé Neira Silva e Manuela Vilas Arteaga, labregos que tiveron en total sete rapaces (Xosé, María, Xesús, Mercedes, Santiago, Manuel e Carme). O pai estivo na Arxentina seis meses xestionando o cobro dunha herdanza. Cos cartos que trouxo fixo unha casa e a familia trasladouse da do Romano, onde nacera Xosé e os irmáns máis vellos, á nova, onde a familia seguiu medrando. O mozo Xosé complementou a súa escasa formación primaria nunha pasantía de Camanzo, estudou comercio por correspondencia e, con dezaseis anos de idade, traballou de contable nun serradoiro.[2]

Na Arxentina[editar | editar a fonte]

Entrada na Arxentina o 10/2/1949. José Neira Vilas tiña vinte anos.

En xaneiro de 1949 emigrou a América, inicialmente á Arxentina, exercendo traballos diversos de tipo comercial, sempre en calidade de asalariado. Alí publicou os seus primeiros traballos na prensa galega da emigración, como Opinión Gallega. Entrou en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela, Emilio Pita ou Alberto Vilanova. Integrou o grupo de teatro galego que dirixía Ricardo Flores Pérez. Estendeu a súa colaboración xornalística a publicacións de Uruguai e México.

Xosé e Anisia no día do seu casamento.

En 1953, con outros mozos e mozas emigrantes, fundou as Mocedades Galeguistas, grupo político nacionalista xuvenil, das que foi secretario xeral e participou no proxecto do seu boletín Adiante (1954), publicado integramente en galego, do que saíron poucos números.[3] Foi Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega (1956).[4] O 21 de febreiro de 1957 casou coa cubana de pais celanoveses Anisia Miranda Fernández, que se trasladara a Buenos Aires en 1953 e estudou xornalismo con Xosé. Nunca tiveron fillos. Vivindo nunha casa da rúa Asunción, en xullo dese mesmo ano, e por consello de Francisco Fernández del Riego, fundaron xuntos Follas Novas, unha modesta editorial e importante distribuidora en América de libros en galego[5] na que, despois de dez anos na capital arxentina e de reunir os poemas que foran aparecendo en distintos xornais e revistas, publica o seu propio primeiro libro: Dende lonxe (1960). Daquela traballaba nunha empresa de importación de madeiras, facía as xestións bancarias e cando remataba metíase no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza, a escribir. De aí, en tres meses, saíu o seu segundo libro, primeiro en prosa, Memorias dun neno labrego (1961).

En Cuba[editar | editar a fonte]

En 1961 o matrimonio marchou para Cuba, permanecendo trinta e un anos no Caribe, onde escribiu a maior parte da súa obra literaria. Na illa traballou a prol da revolución.[6] Alí fundou é dirixiu a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Desempeñou diversos traballos na administración, no Ministerio de Industria Básica (MINBAS), tendo ao seu cargo a división "Organismos internacionales y convenios de colaboración científica y técnica". Colaborou na prensa de dentro e fóra, como Nova Galicia, e exerceu durante seis anos (1983-1989) a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún.[7] Dende 1972 a parella fixo unha ducia de viaxes a Galicia.

A volta definitiva a Galicia[editar | editar a fonte]

Xa xubilados, regresaron definitivamente a Galicia en 1992, para viviren en Gres, onde continuaron co labor cultural e xornalístico e dirixiron a Fundación Xosé Neira Vilas, constituída en maio de 1993, catalogada oficialmente como de interese cultural[8] e de interese galego,[9] co obxecto de promover e divulga-la cultura galega nos seus máis diversos aspectos, en tódalas facetas da cultura universal que incidan no patrimonio cultural de Galicia. A fundación ten a súa sede na Casa do Romano, que alberga un museo etnográfico e unha biblioteca pública de 8 500 volumes[10] . A FXNV convoca bianual e alternativamente o Premio Arume de poesía e o Premio Estornela de teatro para nenos.

Na Fundación Neira Vilas, en 2008.

Neira Vilas escribiu as series "Memoria da emigración" e "Crónicas galegas de América", aparecidas inicialmente en Faro de Vigo (os domingos de 1992 a 1995) e despois en El Correo Gallego (1995-1999). Neste mesmo xornal, fixo a columna dominical "Arredor do mundo" e "O sarillo do tempo" e, máis adiante, puntualmente, artigos culturais en Galicia Hoxe.[11]

Ingresou como membro numerario da Real Academia Galega no ano 2001, a proposta de Xesús Alonso Montero, Antón Santamarina e Francisco Fernández Rei,[12] pronunciando o discurso "A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960", respondido por Alonso Montero.[13] Tralo seu pasamento a súa cadeira foi ocupada, desde xaneiro de 2017, por Marilar Aleixandre.

Anisia Miranda finou o 22 de outubro de 2009. O de Gres faleceu na súa cama na súa casa de Vila de Cruces o 27 de novembro de 2015 ós 87 anos de idade.[14][15]

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega[16] con máis de 700 000 exemplares vendidos.[17][18] Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.

As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego (1961), Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977). Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta e recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio (1965),[19]A muller de ferro (1969)[a] e Querido Tomás (1980).

Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras Lar (1973), Nai (1980) e Pan (1986). O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso (1967), na colección de contos Historias de emigrantes (1968), en Remuíño de sombras (1972) e en Tempo novo (1987).

Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigo (1971), O cabaliño de buxo (1971), A marela Taravela (1976), Contos vellos pra rapaces novos (trad., 1983) e Chegan forasteiros (1992). En colaboración coa súa muller, Anisia Miranda, publicou un libro de de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda (1975).

Listaxe da obra en galego[editar | editar a fonte]

MEMORIAS DUN NENO LABREGO, DE
XOSÉ NEIRA VILAS, REMATOUSE DE
IMPENTAR EN ARTES GRAFICAS AL-
FONSO RUIZ, RUA GENERAL URQUIZA
Nº 564, BUENOS AIRES, O 5 DE XANEIRO
DO 1961.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Estatua Memorias dun neno labrego, Lalín.JPG Estátua de Balbino, Vigo.jpg

Estatuas a Balbino, protagonista de Memorias dun neno
labrego
, en Lalín e Vigo.

  • Querido Tomás. Ediciós do Castro, 1980.[21]
  • Encrucilladas. Galaxia, 1981.[d]
  • Pan. Galaxia, 1986.
  • Tempo novo. Ediciós do Castro, 1987.
  • Papeis, As toupas e O home dos ferranchos. Contos do Castromil, 1992.
  • Charamuscas. Galaxia, 1993. Inclúe Lar, Nai e Pan.
  • Contos de tres mundos. Edicións Xerais de Galicia, 1995.
  • O home de pau. Xerais, 1999.
  • Relatos mariñeiros. Xerais, 2003.
  • A fuxida de Manuel. Pío García Edicións, 2007.
  • Esperando o leiteiro. Galaxia, 2012.
  • Romaría de historias. Galaxia, 2015.
  • Os papeis do vello mariñeiro (póstuma). Edicións Bolanda, 2017.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Entrevista na Casa do Romano, en 2013.
  • O cabaliño de buxo, Ediciós do Castro, 1971.
  • Cartas a Lelo, Ediciós do Castro, 1971.
  • Espantallo amigo. Ediciós do Castro, 1971.[e]
  • A marela Taravela. Edicións Celta, 1976. 2ª edición en 1989, en Galaxia.
  • Contos vellos pra rapaces novos (trad.). Ediciós do Castro, 1983.
  • De cando o Suso foi carteiro, Ediciós do Castro, 1988.
  • Chegan forasteiros. Ediciós do Castro, 1992.
  • O xardín de Irene. Edicións Embora, 2015. Ilustrado por Leandro Lamas.
  • Quique na aldea. Edicións Bolanda, 2016.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Dende lonxe. Follas Novas. 1960.
  • Inquedo latexar. Xistral, 1969.
  • Poesía recadada. Espiral Maior, 1994.
  • Dende Gres. Espiral Maior, 2004.
  • Cantos de sol a sol. GaliNova, 2014.
  • Cantos que veñen de lonxe. Libro-CD con música de Xervasio Sánchez, 2014.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Galegos no Golfo de México. Ediciós do Castro, 1980.[f]
  • Castelao en Cuba. Ediciós do Castro, 1983.
  • A prensa galega de Cuba. Edicións do Castro, 1985.
  • Índice da revista El Eco de Galicia (A Habana, 1878-1901). Ediciós do Castro, 1988.
  • Discurso pronunciado por Xosé Neira Vilas na inauguración do instituto de BUP…. Ed. do Castro, 1990.[22]
  • Guerrilleiros. Ediciós do Castro, 1991.
  • Na outra banda do mar. Nº 70 da Biblioteca 114, Editorial Compostela, 1992.
  • Rosalía de Castro e Cuba. Patronato Rosalía de Castro, 1992.[23]
  • Memoria da emigración. I. Ediciós do Castro, 1994.
  • Eduardo Blanco-Amor, dende Buenos Aires. Edicións do Castro, 1995.
  • A lingua galega en Cuba. Consello da Cultura Galega, 1995.[23]
  • Memoria da emigración II. Ediciós do Castro, 1995.
  • Memoria da emigración III. Ediciós do Castro, 1996.
  • Galegos que loitaron pola independencia de Cuba. Ediciós do Castro, 1998.[23]
  • Acto de investidura como "doutor honoris causa"…. UDC, 1999.[24]
  • Crónicas galegas de América. Rolda primeira. Ediciós do Castro, 1999.
  • Crónicas galegas de América. Rolda segunda. Ediciós do Castro, 2000.
  • Manuel Murguía e os galegos da Habana. Ediciós do Castro, 2000.
  • A cultura galega en Buenos Aires, 1950-1960. Discurso de ingreso na RAG, 2001.[13]
  • Crónicas galegas de América. Rolda terceira. Ediciós do Castro, 2002.
  • Prosas varias. Fundación Otero Pedrayo, 2004.
  • O sarillo do tempo. Xerais, 2004.
  • Xentes e camiños. Xerais, 2005.
  • Vinte anos retornando. Xerais, 2006.
  • Arredor do mundo. Xerais, 2007.
  • Neira Vilas, os anos da Arxentina: 1949-1961: textos recuperados. Galaxia, 2008. Ed. de N. Longhini.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación. Fundación Manuel María, 2009.
  • Encontros con Laxeiro. Ir Indo, 2009.
  • Lóstregos. Xerais, 2009.
  • Presenza galega en Cuba. Xerais, 2010.
  • Penúltimo dietario. Xerais, 2011.
  • 100 anos do Himno galego. Edicións Embora, 2012.
  • Cancela aberta. Xerais, 2013.
  • Neira Vilas. Memoria gráfica. Edicións Bolanda, 2013.
  • Con Anisia Miranda na Costa da Morte. Embora, 2014.
  • Días de Cuba. Galaxia, 2014.
  • Epistolario diverso. Edicións Embora, 2014.
  • Galicia en Cuba. Lingua, Rosalía, loitas. Consello da Cultura Galega, 2014.[23]
  • Isaac Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade. Edicións Bolanda, 2014.
  • Semente galega en América. Bolanda, 2015.
  • Olladas no camiño. Edicións Fervenza, 2016.

Con Anisia Miranda[editar | editar a fonte]

  • Cantarolas e contos prá xente miúda. Akal, 1975.
  • Cantarolas. Xerais, 1995.

Outras obras colectivas[editar | editar a fonte]

Homenaxe da AELG.
  • II Festival da Poesía do Condado. SCD Condado, 1982.
  • IV Festival da Poesía no Condado. SCD Condado, 1984.
  • Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía. Xerais, 1994.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade. Ediciós do Castro, 1995.
  • Construír a paz. Xerais, 1996.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996). Xerais, 1996.
  • E dixo o corvo.... Xunta de Galicia, 1997.
  • Manuel Ponte Pedreira: a resistencia antifranquista na comarca de Ordes. Obradoiro de História, 1997.
  • Novo do trinque. Bloque Nacionalista Galego, 1997.
  • 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973). USC, 1997.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I. Consello da Cultura Galega, 2001.
  • Un futuro para a lingua. Xunta de Galicia, 2002.
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra. Consello da Cultura Galega, 2003.
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
  • Narradio. 56 historias no ar. Xerais, 2003.
  • Palabra por palabra. Contos da Policía. Ir Indo, 2003.
  • Poemas pola memoria (1936-2006), Xunta de Galicia, 2006.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, Difusora, 2006.
  • Cartas de vellos amigos (1959-1998). Galaxia, 2010. Edición de Dolores Vilavedra.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Editorial Toxosoutos, 2010.
  • Correspondencia de Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro. Cadernos Ramón Piñeiro XXII, CIRP, 2012.[25]
  • Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego 1959-2007. Galaxia, 2013.
  • Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII, CIRP, 2015. Ed. de A. Requeixo.[26]

Listaxe da obra en castelán[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • En la extraña ciudad: cuentos y recuentos. Arte y Literatura, La Habana, 1982.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Biblioteca na avda. Martínez Garrido, Vigo.
  • Los días cubanos de Alfonso Castelao. Unión, La Habana, 1988.
  • Presencia diversa de los gallegos en Cuba. Xunta de Galicia, 2007.

Traducións[editar | editar a fonte]

Do castelán ao galego
Do galego ao castelán
Os seus restos repousaron en S. Domingos de Bonaval antes de ser enterrado en Gres.

Igualmente, traduciu varios libros da súa propia autoría, previamente publicados en galego, para publicar en castelán en editoriais cubanas: Memorias de un niño campesino, Aquellos años de Moncho, Querido Tomás, Camino nebuloso, Pescadores gallegos de La Habana e Los días cubanos de Alfonso Castelao.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A traxectoria de Neira Vilas foi recoñecida con varios premios e recoñecementos, destacando entre eles os seguintes:

Multimedia externa
Gravacións de son
"Neira Vilas: 'Días de Cuba'" RNE, 3/10/2015 (en castelán).
Vídeos
"Galegos. Xosé Neira Vilas" Televisión de Galicia, 31/5/2014.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Conxunto de 23 relatos. Inclúe: "A muller de ferro", "Home e gato", "Marcha", "O berro", "A parede", "O señor Manuel", "Formigas", "A casa engruñada", "Tres ovos de carrizo", "O corgo", "Despois do camiño", "Letreiros", "As toupas", "O crime de todos", "Ovellas, "O papel", "Valentín e o coto", "Un padriño", "Iñor", "O can doente", "O faiado", "O home dos ferranchos" e "A morte da árbore".
  2. Inclúe vinte relatos: "O muiñeiro", "O suicidio", "A ofrenda", "Vidro e sol", "María", "A serra", "Auga", "Noxo", "O delicto de Tomás", "O trebón", "Corredoira", "A sombra", "Lucinda", "A seca", "Abel", "¿Como é o mar?", "A irmá de Susiño", "Isaura", "O Pesco" e "Todo para Carme".
  3. Inclúe Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
  4. Contén: Xente no rodicio, Camiño bretemoso e A muller de ferro. Con prólogo de Valentín Paz-Andrade.
  5. Traducido ao castelán no 1972 como Espantajo amigo por Basilio Losada.
  6. Traducido ao castelán no 1983, como Gallegos en el golfo de México, Letras Cubanas, La Habana.
  7. O Colexio Rural Agrupado de Boqueixón-Vedra Neira Vilas; o CEP Xosé Neira Vilas, en Peitieiros, Gondomar e o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, en Perillo, Oleiros.
Referencias
  1. Alonso Montero (1968). Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega Editorial Ciencia Nueva (en castelán).
  2. Rábade Paredes 1992, p. 7.
  3. Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións Periódicas. Galaxia. p. 23-24. ISBN 84-8288-137-X. 
  4. Actas do primeiro Congreso da Emigración Galega. 1956. Buenos Aires Facsímile, 2006. ISBN 84-96530-18-3.
  5. "Follas Novas". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  6. Gómez & Queixas 2001, p. 298.
  7. Chouciño Fernandez, Ana (2007). Diez años de Zunzún: revista infantil cubana (1980-1990) (en español). USC. ISBN 978-84-9750-907-7. 
  8. "Orde do 22 de xaneiro de 1997 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Xosé Neira Vilas" DOG
  9. "Orde do 20 de febreiro de 1997 pola que se recoñece de interese galego … a Fundación Xosé Neira Vilas" DOG.
  10. Sitio web da Fundación Xosé Neira Vilas
  11. Biografía de Xosé Fundación XNV.
  12. Membros da Academia. Real Academia Galega
  13. 13,013,1 "A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960" Discurso lido o 17/11/2001.
  14. "Falece aos 87 anos Xosé Neira Vilas". Pontevedra Viva. 27/11/2015. 
  15. "Falece o escritor Xosé Neira Vilas". Praza Pública. 27/11/2015. Consultado o 27/11/2015. 
  16. Montse Dopico (27/11/2015). "Xosé Neira Vilas: a memoria dos “ninguén”". Praza Pública. Consultado o 27/11/2015. 
  17. "A Consellería de Cultura e Educación acompaña a Xosé Neira Vilas na presentación…". Xunta de Galicia. 14/1/2014. 
  18. F, X (22/7/2015). "«Memorias dun neno labrego» chega á súa edición número 35". La Voz de Galicia. Consultado o 4/1/2016. 
  19. Rábade Paredes 1992.
  20. Con prólogo de Basilio Losada. Imaxe da portada
  21. High-contrast-camera-video.svg Neira Vilas lendo un fragmento de Querido Tomás.
  22. Discurso pronunciado por Xosé Neira Vilas na inauguración do instituto de BUP que leva o seu nome (en Perillo - Oleiros, o 2 de maio do 1989)
  23. 23,023,123,223,3 Neira Vilas, X. (2013). Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas. CCG. ISBN 978-84-92923-55-7. 
  24. Acto de investidura como "doutor honoris causa" do Excmo. Sr. D. Xosé Neira Vilas celebrado o día 16 de xaneiro de 1998 BNE.
  25. Correspondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro
  26. Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas
  27. Investido o 16 de xaneiro de 1998, sendo o seu padriño o catedrático de Lingua e Literatura Galega Xosé María Dobarro.[1][2]
  28. Socio de honra da AELG. Letra E 1999
  29. Baujín, José Antonio (2003). "Discurso de elogio a José Neira Vilas en el Acto académico de investidura como Doctor Honoris Causa en Letras por la Universidad de La Habana". Memoria II. La Habana: Arte y literatura / Cátedra de Cultura Gallega de la Universidad de La Habana.
  30. "O Concello de Cruces nomea a Neira Vilas «Fillo predilecto» e a Anisia Miranda, «Filla adoptiva»". La Voz de Galicia. 24/2/2005. 
  31. Premio Laxeiro 2010: Xosé Neira Vilas Fundación Laxeiro.
  32. "Decreto 100/2015, do 15 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro" DOG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

"Carta a Balbino" de Xosé Neira Vilas.
"Entrevista con Xosé Neira Vilas".
"Carta de Otero Pedrayo a Neira Vilas". 1961.
"As catro vidas de Neira Vilas" de A. Vázquez-Monxardín.
"O noso catecismo" de X. L. Axeitos.
"A humildade dun clásico" de Pilar Sampedro.
"Neira Vilas, sociológo e antropólogo…" de A. Muleiro.
"Catro ilustradores…" de Xabier Limia de Gardón.
"Trangalladas" de Cándido Pazó.
"Pepe Velo e Anisia Miranda…" de A. Piñeiro.
"Homenaxe Neira Vilas" de Rosa Aneiros.
"Neira Vilas, escenarios…" de Felipe Senén.
"O cura e o xudío, dous persoeiros…" de V. Pérez.
"Balbino" de Xosé Luís Rivas Cruz. Mini.
"Pepe Neira amigo" de B. Iglesias Dobarrio. Mero.
"As memorias para un neno de cidade" de X.M. Dobarro
"Memorias con R de rebeldía" de Marilar Aleixandre.
"Alén do mar e de Balbino" de Belén Regueira.
"Palabras dende Gres…" de Marga do Val.
"Datos para a historia".
  • VVAA (novembro de 2016). "Varios artigos". Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares (39). ISSN 1136-3207.  Inclúe, entre outros, os seguintes:
Facsímile do n.º 35.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Neira_Vilas&oldid=4606746"