Xosé Ramón Brea Rei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Ramón Brea Rei
Nacemento1955
 Taragoña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Xosé Ramón Brea Rei, nado en Taragoña (Rianxo) en 1955, é un escritor e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Maxisterio e licenciado en Filoloxía Hispánica, é profesor de instituto en Carril. Dentro da investigación destacan os seus traballos sobre Rafael Dieste e outras figuras rianxeiras como o poeta Xosé María Brea Segade ou o autor dramático Xosé Otero Otero.[Cómpre referencia]

Na faceta de escritor, ten publicado o libro Un reiseñor canta lonxe: Xosé María Brea Segade. O home e a obra. Así mesmo é colaborador dos xornais La Voz de Galicia, El Correo Gallego e outras publicacións de ámbito local.[Cómpre referencia]

É pai do músico indie Lois Brea.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Ramón_Brea_Rei&oldid=5018964"