Xosé Ramón Freixeiro Mato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Xosé Ramón Freixeiro Mato
Xosé Ramón Freixeiro Mato (AELG)-1.jpg
Nacemento 13 de outubro de 1951
Lugar Vilanova, Cances, Carballo, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Xéneros Ensaio
Estudos Maxisterio, Filoloxía Románica e Filoloxía Galego-Portuguesa
editar datos en Wikidata ]

Xosé Ramón Freixeiro Mato, nado en Vilanova (Cances, Carballo) o 13 de outubro de 1951, é profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Galego-Portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois dunha infancia como neno labrego, pasou por un internado de relixiosos en Allariz e Cambados, examinándose por libre nun instituto da Coruña para obter o título de bacharelato superior. A seguir, estudou Maxisterio nesa mesma cidade e nela traballou como profesor de EXB nun colexio privado durante sete anos. Licenciado posteriormente en Filoloxía Románica e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose na Universidade da Coruña cunha tese sobre Antonio Noriega Varela. Foi profesor en institutos de ensino secundario da Coruña e Arteixo, gañando a praza de catedrático de Lingua e Literatura galegas no ensino medio, cargo desempeñado na cidade herculina. Despois de obter o doutoramento accedeu en 1993 á praza docente que ocupa na actualidade.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Gañador do VII premio literario Ánxel Fole no 1993, por Da montaña o corazón.
  • Gañador do XX premio literario Ánxel Fole no 2006, por Cucou o cuco cuqueiro. Lingua e estilo na obra de Manuel María.
  • Premio da Critica Galicia á Investigación en 2014, por Estilística da lingua galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Ramón_Freixeiro_Mato&oldid=4526595"