José Santiago Crespo Pozo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xosé Santiago Crespo Pozo")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Santiago Crespo Pozo
Nome completoJosé Santiago Crespo Pozo
Nacemento8 de xullo de 1909
 Redondela
Falecemento10 de novembro de 1978
 Xunqueira de Ambía
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote
PaiMaximino Crespo Rivas
editar datos en Wikidata ]

José Santiago Crespo Pozo, nado en Redondela o 8 de xullo de 1909 e finado en Xunqueira de Ambía o 10 de novembro de 1978, foi un frade mercedario e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Maximino Crespo Rivas. Fixo os seus primeiros estudos en Vigo en colexios dos xesuítas e salesianos. Ingresou despois no convento da Mercé de Sarria, no que emitiu os votos en 1926. Pasou de aí ao mosteiro de San Xoán de Poio, para completar estudos de Filosofía e Teoloxía. Profesou a orde sacerdotal en 1931. Dentro da orde mercedaria ostentou postos directivos diversos, tanto en España como en América Latina. Durante a guerra civil foi voluntario nas tropas dos sublevados.

Foi membro correspondente de diversas institucións culturais, como a Real Academia Galega e a Real Academia da Historia. Da súa obra escrita cabería destacar os seus estudos de Heráldica, Xenealoxía e Lexicografía.

Obra publicada (selección)[editar | editar a fonte]

  • "Dos peleriños ingleses que viñan a Compostela". Logos, t. 5 (1935), p. 19-25.
  • Santa Trahamunda. Leyenda sacra. Pontevedra, 1943.
  • Ascendencia gallega de Bolívar. Bogotá, 1953.
  • Linajes de Galicia en el Perú. Lima, 1953.
  • Santa María de Pontevedra. Labras heráldicas y enterramientos de familias hidalgas, 1962. Monasterio de Poyo.
  • Blasones y Linajes de Galicia. 4 tomos. Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1957-1965.
  • Contribución a un Vocabulario Castellano-Gallego. Madrid, 1963.
  • Nueva contribución a un Vocabulario Castellano-Gallego: con indicación de fuentes e inclusión del gallego literario (galaico-portugués). 4 tomos. 1972-1985.
  • Interpretación de algunos curiosos topónimos de Redondela y de sus municipios. Grial, VIII/29, 1970:341-351.
  • 25 topónimos de Xunqueira de Ambía y su municipio: su significación y breve etimología. Grial, XI/39, 1973:87-92.
  • «El difícil topónimo de Ambía». en La Región, Ourense, 27-IX-1978.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=José_Santiago_Crespo_Pozo&oldid=5176530"