Xudaísmo reconstrucionista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Colexio Rabínico Reconstrucionista, Wyncote, Pensilvania.
O Rabino Mordecai Kaplan (1881-1983) foi o fundador do reconstrucionismo.

O xudaísmo reconstrucionista (en hebreo: יהדות רקונסטרוקציוניסטית, yahadút rekonstruktsyonistit, ou hebreo: יהדות מתחדשת, yahadút mitkhadéshet) é un movemento relixioso do xudaísmo moderno que ve o xudaísmo como unha evolución progresiva da civilización e está baseado no concepto desenvolvido por Mordecai Kaplan (1881–1983). O movemento orixinouse como unha corrente semiorganizada dentro do xudaísmo conservador e desenvolveuse dende finais da década de 1920 até a de 1940, antes de separarse en 1955[1] e estabelecer unha escola rabínica en 1967.[2]

Hai unha diversidade teolóxica substancial dentro do movemento. Halakha, o corpo colectivo da Lei Xudía, non se considera vinculada, pero é tratada como un remanente cultural valioso que debe manterse a menos que exista unha razón para o contrario. O movemento salienta os puntos de vista positivos cara a modernidade, e ten un enfoque do costume xudeu que sinala cara a toma de decisións comunais a través dun proceso de educación e destilación de valores de fontes xudías tradicionais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kaplan, Mordecai M. (2010). Judaism as a Civilization: Toward a Reconstruction of American-Jewish Life. Philadelphia, PA: Jewish Publication Society. pp. i–viii. ISBN 978-0-8276-1050-7. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  2. Karesh, Sara E; Hurvitz, Mitchell M. (2005). Encyclopedia of Judaism. Nova York: Infobase Publishing. p. 417. ISBN 978-0-8160-6982-8. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  3. "FAQs on Reconstructionist Approaches to Jewish Ideas and Practices". Jewish Reconstructionist Communities. Reconstructionist Rabbinical College. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Platform on Reconstructionism, FRCH Newsletter, Sept. 1986.
  • Alpert, Rebecca T. e Jacob J. Staub (1988). Exploring Judaism: A Reconstructionist Approach, The Reconstructionist Press.
  • Lubarsky, Sandra B. e David Ray Griffin (eds.) (1996), Jewish Theology and Process Thought. Nueva York: State University of New York Press
  • Jacobs, Louis (1990). God, Torah, Israel: Traditionalism Without Fundamentalism. Cincinnati: Hebrew Union College Press.
  • Kaplan, Mordecai (1994). Judaism As a Civilization. The Jewish Publications Society.
  • Kaplan, Mordecai (1962). "The Meaning of God in Modern Jewish Religion"

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xudaísmo_reconstrucionista&oldid=4781357"