Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xunta Superior do Reino de Galiza")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pío Rodríguez Terrazo.[1]

A Junta Superior Provisional de Gobierno de Galicia[2] ou Xunta Superior do Reino de Galiza[3] foi un órgano extraordinario de goberno proclamado o 15 de abril de 1846 que pretendía iniciar unha sublevación xeral contra o goberno de Ramón Narváez y Campos. Encabezados polo comandante Miguel Solís e provincialistas como Antolín Faraldo, os acontecementos desembocaron no fusilamento dos sublevados coñecidos como Mártires de Carral.

La Revolución. Periódico oficial de la Junta Superior de Galicia.[2]

O seu presidente foi Pío Rodríguez Terrazo. Antolín Faraldo foi o secretario e o director do voceiro: La Revolución. Periódico oficial de la Junta Superior de Galicia.[4]

O programa da Xunta era exclusivamente progresista-español, non mencionaba ningunha medida descentralizadora e non cuestionaba a división provincial de 1833.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tettamancy, Francisco (1908). La revolución gallega de 1846 (en castelán). A Coruña. 
  2. 2,02,1 La Revolución en Galiciana.
  3. Obelleiro Piñon, Luís (1997). "Idade contemporánea (século XIX)". Historia xeral de Galicia. A Nosa Terra. p. 327. ISBN 84-89138-99-0. 
  4. Barreiro 2007, p. 85.
  5. Beramendi 1991, p. 825.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xunta_Superior_Provisional_de_Goberno_de_Galicia&oldid=4777435"