Xurxo Souto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xurxo Souto
Xurxo Souto.jpg
Xurxo Souto nunha gravación radiofónica
Nome completoXurxo Manuel Souto Eiroa
Nacemento25 de xullo de 1966
OrixeA Coruña
OcupaciónMúsico, escritor
XéneroRock
Instrumento(s)Voz, acordeón
Relacionado conOs Diplomáticos de Monte-Alto, Os Tres Trebóns
Tempo en activo1990 — actualidade
editar datos en Wikidata ]

Xurxo Manuel Souto Eiroa, máis coñecido como Xurxo Souto, nado na Coruña o 25 de xullo de 1966, é un cantante, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Clásica. Foi o líder e vocalista da banda de rock Os Diplomáticos de Monte-Alto entre 1990 e 2001, e gran difusor da música galega de agora e sempre. Outra das súas facetas a destacar é a de escritor. Ademais de ter cinco libros publicados, ten colaborado con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.

Dende 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo A tropa da tralla, xunto a Aberto por reformas e Mil ribeiras, na Radio Galega. Desde outubro de 2005 até abril de 2009 foi Director de Programas desta emisora.

En outubro de 2003 participou, xunto con Manuel Rivas, na reinauguración[1] da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos se converteron en padriños e socios de honra.

Recentemente formou o grupo musical "Os 3 Trebóns", onde se encarga da voz e mais do acordeón.

Tamén traballou como actor en producións galegas como a serie de éxito Mareas vivas ou o telefilme Entre bateas, de Jorge Coira.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • A tralla e a arroutada (relatos, Xerais, 1995).
  • Fumareu (relatos, Xerais, 1997).
  • O retorno dos homes mariños (novela, Xerais, 1999).
  • Tres trebóns (relatos, Xerais, 2005).
  • Contos do mar de Irlanda (relatos, Xerais, 2014. Publicado en castelán co título Cuentos del mar de Irlanda, en Pulp Books en 2016).
  • A gran travesía de Chiruca Macallás (2018), Xerais, 160 páx. ISBN 978-84-9121-447-2. [2]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Contos da Coruña (recompilación de artigos, Xerais, 2001).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • O mar de adentro (Edicións do Dragón, 1990).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (relato, Xerais, 1996).
  • A aldea terremota (relato, COAG, 1998).
  • Mini-relatos (relato, Libraría Cartabón, 1999).
  • Materia prima (relato, Xerais, 2002).
  • Narradio: 56 historias no ar (relato, Xerais, 2003).
  • Manuel María: fotobiografía sonora (ensaio, Ouvirmos, 2005).
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (poesía, Espiral Maior, 2006).
  • Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (poema, Espiral Maior, 2007).
  • Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora (ensaio, Ouvirmos, 2008).
  • Lois Pereiro: fotobiografía sonora (ensaio, Ouvirmos, 2010).
  • A terra queima (relato, Xerais, 2013).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Irmandade do Libro ao mellor libro de 2014, por Contos do mar de Irlanda.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xurxo_Souto&oldid=5025340"